Arquivo por etiquetas: escolanzo

Escolanzo (Anguis fragilis)

Atopéi este escolanzo á tardía, nel brao, calecendo nel asfalto del Camín Veyo, en Mántaras (Tapia), y saquéiye fotos col móbil, así que nun ten muita calidá. Pro inda reluma col rubién.

Sempre que dou úa charla sobre cuestióis sociolingüísticas, sobre as clasificacióis das linguas y os criterios lingüísticos, y tamén os estralingüísticos, que se manexan pra eso, boto mao del exemplo del escolanzo (Anguis fragilis). Sigo muito a Ramón d’Andrés, que ten escrito lamar sobre esas cuestióis, anque él usa outros exemplos aparecidos. Al cabo, col caso del escolanzo el que busco é esplicar cómo ben veces as clasificacióis que fain os biólogos, con criterios científicos, nun coinciden cuas que fai a xente nel ámbito popular basándose en impresióis ou apreciacióis esternas (xa s’apuntóu tamén al falar dos limacos). Esta constatación, qu’é clara na Bioloxía, pódese tamén aplicar na Dialectoloxía prá clasificación da variedá lingüística del mundo ou, neste caso, del noroeste peninsular, qu’é pral qu’eu recurro al exemplo del escolanzo.

¿Por qué? Porque el escolanzo, ese reptil que tanto s’atopaba condo s’iba al herba, arrastrándose lixeiro entre a humedanza del verde, anque teña esa traza de colobra y muita xente pense que lo é, nun é úa colobra. En realidá é da familia das largatas y polo tanto clasifícase como elas nel suborde Lacertilia. Quen máis, quen menos, hoi todo el mundo pasóu pol sistema educativo y ten un feixe d’información al alcance. Y hasta sabemos que se chama lución ou culebrilla de cristal en casteyano. Por eso ben sei qu’haberá pouca xente que siga pensando qu’os escolanzos son colobras, pro dito queda. Son largatas sin patas, anque yes quede nel esqueleto un recordo das patías. Como as largatas, tamén el escolanzo pode perder a punta del rabo como un xeito de despistar a os enemigos. As súas presas, coscos y limacos, fain del escolanzo un bon parceiro pra quen teña un horto, así que nun hai por qué atacalos ou teryes medo ou noxo. Se yes pois el dido, poderán trabarte, pro tanto como poda trabar úa largata. Pouco, al cabo. Inda menos se femos caso da crencia popular de que, de todos os días da semana, namáis morden os venres…

¿Cómo ye chamamos en galego-asturiano? As publicacióis recoyen, ademáis d’escolanzo (Acevedo y Fernández, Bual, A Roda, El Franco, Eilao), as variantes escolancio (Ponticella, Bual, Castaedo y Monón, El Valledor), escolar (Mántaras), escolandro (Bual) y escónzaro (A Veiga, As Figueiras). El vocabulario d’Acevedo y Fernández recoye tamén el acepción d’escolanzo pra chamar a xente que nun hai quen la piye, que sempre amaña de desaparecer ou escurrir el bulto, y d’escolar apunta que tamén é un nome pra referirse al trasno. José Ramón López Blanco, que publicóu en 1986 un artículo con denominacióis que ye deron por toda Asturias, dá dalgús datos da zona del galego-asturiano: escolancio en Bual, Cuaña, Campos (Tapia), Tol (Castripol), Navia y Ponticella (Villayón); escolanzo en Bual y Cuaña; escónzalo na Veiga; escónzaro en Taramunde; y escancio en Ibias.

Pro inda se poden amecer máis puntos unde s’usan estas formas y hasta se poden dar outras variantes novas que nos deixen dibuxar miyor úa zonificación de resultaos. A máis datos en máis puntos, máis información pra sacar conclusióis. Pois meu dito, meu feito. A forma mayoritaria escolanzo tamén la constatéi nel Castro, Vilarín, As Campas, Piñeira y Tol (Castripol), Serantes y Acebedo (Tapia), Valdepares y Miudes (El Franco), Trelles, Lloza y Ortigueira (Cuaña), El Monte (Navia), Rozadas y Llaviada (Bual), y Cachafol (Eilao). Polo tanto, a zona coye búa parte del metá norte del Navia-Eo.

Completando os datos bibliográficos que xa se citaron cos datos que recoyín d’escolancio en Andés, a villa de Navia y Sante, ademáis d’en Eilao, Grandas y Penafonte, y en Tol (Castripol), compróbase qu’a zona d’escolanzo ten úa veira oriental (Navia, Bual, Eilao) unde se dan as dúas variantes y qu’hai puntos soltos unde tamén conviven. Y tamén se ve qu’a zona d’escolancio amaña úa franxa que la arrodía pol oriente y pol sur (Navia, Villayón, Ayande y Grandas), en continuidá xa cua forma del asturiano occidental escolanciu (qu’usan nos lugares naviegos de Santa Marina, Vigu y Tox).

A forma escolar ten pinta de ser un cruce por etimoloxía popular cua familia da palabra escola. Ademáis d’en Mántaras, tamén me dixeron que s’usa na vila de Tapia, así que se trata d’un resultao circunscrito a úa zona pequena d’influencia. Pro hai outro xeito de chamar al escolanzo que recorda tamén el ámbito escolar: escolante, dato que recoyín de xente de Grandas y de Sanzo (Pezós). Y xa se mencionóu outra variante de Bual, escolandro, con un sufixo despectivo, como pasa con melandro ‘porcoteixo’, del latín meles.

Citéi antias dalgús datos bibliográficos d’escónzaro, pro hai máis puntos unde constatéi a denominación y qu’enanchan el sou territorio conocido de distribución: Castripol, Barres y A Veiga dos Molíos (Castripol), Bustapena (Vilanova), Santalla, Ouria (Taramunde) y San Tiso d’Abres. Hai tamén a variante esgónzaro, con sonorización da consonante oclusiva, que recoyín na Veiga dos Molíos y en Piñeira (Castripol). Polo tanto, temos xa cuberta a parte que restaba del noso territorio nel estremo occidental, unde se ve el ámbito d’influencia de dúas vilas, A Veiga y Castripol, pra estender a denominación. Hai qu’aseñalar tamén el dato de qu’escónzaro y esgónzaro tán rexistraos na veira oriental de Lugo, en conceyos como A Fonsagrada, Burón ou Suarna.

¿Qué variantes máis se poden amecer contra el sur del occidente asturiano? En Ibias déronme as denominacióis escáncer, en Carbueiro, y escancio, en Tormaleo. Como un cruce d’estas formas col casteyano ángel hai qu’interpretar a variante escángel, recoyida en Castro y Zreixeira (Grandas), y escánger, dada por xente de Nogueiróu, Pelóu, A Airela y Viladefondo (Grandas). A forma escángel tamén ta constatada en dalgún punto da veira máis oriental de Lugo.

El escolanzo cansóu de que lo retratara y iscóu. Tampouco nun era un sito seguro pra él, nel medio del camín.

Xa s’apuntóu a continuidá das formas en galego-asturiano nos territorios vecíos tanto al leste como al oeste, pro el panorama en galego y asturiano é muito máis variao. En galego danse muitas variantes pra chamarye al noso reptil. Amañan ademáis úa xarta de cruces y evolucióis entre elas qu’é como sacar úa cereixa d’un montón: escáncer, escánzaro, escónzaro, escronzo, esgonzo, esgónzaro, cáncer, escance, escanzre, escáncel, escángel… Sobre estas formas, influídas pol verbo liscar ‘escapar’, tan relacionao semánticamente cua conducta habitual del escolanzo, amáñanse variantes como liscanzo, iscanzo, licácer, liscáncer, riscáncer, liscáncere, liscanzre, liscánciro, liscáncero, liscánzaro, liscoranzo, liscandre, liscante, lizcante, liscrán… Y aquí crúzase cua palabra alicrán, cua que tamén chaman al noso escolanzo: aliscrán, alcánger… Convén recordar tamén a denominación estándar del reptil en portugués: licranço. Pra rematar este recorrido polas variantes galegas, a consonante inicial líquida pode cambiar á bilabial oclusiva sonora: biscáncel, biscanzre… Y einda quedan outras denominacióis como vivirón, alguízaro ou esguízaro.

Se nos pintaban muitas as variantes en galego, el asturiano nun queda atrás (y eso qu’é muito menos territorio). Pode que sía das palabras que máis variantes ten nesta lingua (al pé das usadas pra chamar al amorolo, que tamén hai un feixe). Se las poño aquí todas xuntas de sutaque, daquén pode alouriar, así que, antias de presentalas, vén ben esplicar qu’en realidá todas esas variantes pódense xuntar en tres tipos principales. As variantes sobre escolanciu coyen todo el occidente y úa franxa sur hasta Cangues d’Onís, mentres qu’as variantes sobre esculibiertu son sobre todo da franxa central del territorio, superposta nel sur á zona d’escolanciu. Hai úa terceira zona, a oriental, de variantes sobre alagüezu que se superpóin en dalgús puntos cos resultaos das outras dúas zonas.

Da primeira clas son as formas escolanciu, esgolanciu, escolianzu y as variantes con metafonía (zarramento da vocal tónica por influencia da vocal final -u): escolenciu, esculenzu, esculinciuescurenciu y escurienciu. Da segunda clas, esculibiertu, esculibierzu, esculierzuesculigüerzuesculoabiertu, escaligüerzu, escalamuertu, escalamuerzu, escalagüertu, escalagüerniu, escalagüezu y escalagüérzanu. Da terceira, alagüezu, alagüez, alagüeru, alangüetu, alangüezu, elangüezu, algüezuallagüezu, alagüézanu, alabuézanualigüézanu, aragüez, arangüezu, arangüetu, erangüezu, aragüézanu, arangüézanu y oragüénzanu.

D’úa primeira oyuada vese qu’en todas as linguas que se comentaron hai un baile de reices y sufixos que se comparten y combinan. Nel caso del galego-asturiano, qu’é el que nos interesa agora, tou na fe de que todas as variantes parten d’úa mesma reiz, escol-, y as máis d’elas con un mesmo sufixo –anzo / –ancio al que se puideron amecer despóis outros sufixos.

Boto mao das hipótesis etimolóxicas de Xosé Lluis García Arias pral resultao asturiano escolanciu y pra outros sufixos. Él pensa que vén del latín colare ‘filtrar’, que deu un verbo colar que, en asturiano, tamén ten el acepción de ‘irse, desaparecer’. Aquí convén recordar el caso da denominación galega del reptil, liscanzo, unde de seguro que ten que ven el verbo liscar ‘irse mui apresa’. García Arias recorda que d’un composto latín excolare vén un verbo como escolar. É conocido en galego-asturiano como ‘recudir, quitar el augua’, ‘marchar, desaparecer el augua d’úa presa, d’un molín’. Polo tanto, nun costa caro pensar nesa relación del verbo escolar col idea de ‘sumirse, marchar, desaparecer’, igual que pasóu en casteyano con escurrir ‘recudir’, que tamén ten un uso pronominal de ‘irse, escapar’, ‘safarse’. É daqué que describe muito ben os movementos del escolanzo condo lo atopas entre el herba al segar.

En conto al sufixo –anzo ou –ancio, según García Arias, viría de sustantivar el verbo excolare col participio de presente latín: excolante ‘que marcha’. Despóis esa forma puido caracterizarse como masculina col sufixo correspondente y dar *excolantium. D’ei viría el noso acabo en –anzo (resultao popular) ou en –ancio (resultao semiculto).

¿Y qué pasa con escancio, escónzaro y variantes? A súa distribución territorial nel Navia-Eo é occidental y sureña, núa zona esta unde atopamos señales claros de que nun tempo, quizáis hai centos d’anos, ten habido perda del -l- intervocálico, condo en muitos d’esos conceyos hoi nun se perde. Xa se comentóu máis veces. É abondo con reparar na toponimia: en Bual hai Santoulaya, pro en Castripol hai Santaya y nos Ozcos, Santalla. Ou mirar pral Pacios (non *Palacios) de Vilanova, ou el Peizáis (non *Peizales) de Santalla. Pois col -l- d’escolanzo tuvo que pasar igual y ese resultao con perda da consonante líquida chegóu hasta hoi anque nel máis del vocabulario restante se mantuvera el -l-. Ta claro: escolancio > escoancio > escancio.

En conto a escónzaro, esa palabra esdrúxula tan chamadeira, hai que pensar pra ela na participación del sufixo diminutivo átono ´-ulus, un sufixo, como aseñala García Arias, qu’acabóu confundíndose con outros acabos como ´-aro, d’orixe latina ou grega, ou ás veces prerromana. Ei ta, por poñer outro caso, a palabra latina clocca ‘choca’ +´-ulus > chócaro. Ou el caso de demo, demontre, demóngaro… Pois nel caso del nome del reptil, é posible esta evolución: *excolantium + –ulus > *excolantiulus > *escoánzalo > *escoánzaro > escónzaro. A forma escónzalo, se nun é úa pervivencia del sufixo orixinal, pode ser úa confusión habitual entre consonantes líquidas. Y a variante con -g- (esgónzaro) é úa sonorización perfectamente normal, como pasa en asturiano con escolanciu y esgolanciu.