Arquivo por etiquetas: crocus serotinus

Toyemerendas (Crocus serotinus)

Toyemerendas nun prao da Malena (Morcín) (21/10/2012).

Condo ta chegando el outono, os sitos pacidos pol gao énchense de pintías moradas. Son as flores dos toyemerendas (Crocus serotinus) asomando entre el herba. Precisamente condo col frío as máis das flores empezan a deixar de verse, que xa madureceron y remataron el ciclo reproductivo, a del toyemerendas empeza a salir en praos y veiras dos montes. Desque perde a flor, a pranta sigue ei hasta a primavera, pra empezar a repousar nel brao hasta que floreza nel outono outra vez. El epíteto serotinus ‘serodo, de madurez tardía’ recórdanos precisamente esa época de floración, nel outono, estación qu’en asturiano chaman seronda ou seruenda.

Aparte del toque entre azulao y morao das foyas, chaman el atención os sous órganos reproductores, d’úa color marela ou anaraxada ben viva, cos estigmas (os estremos del pistilo, el órgano reproductor feminino) sobresalindo abertos en tres ramías y cos tres estambres dalgadíos alredor (que son os órganos reproductores masculinos). Esa color y esa feitura fain qu’a xente identifique a pranta como úa raza brava del azafrán, y é verdá. A variedá cultivada da que se saca el azafrán qu’usamos na cocía é Crocus sativus, introducido polos árabes na península ibérica. Os sous estigmas, desque se secan, son os que s’usan pra dar sabor y color a muitas comidas.

Hai outra especie ben aparecida al toyemerendas, con diferencias ruías d’estremar pra os que nun tamos adoitos, Crocus nudiflorus, propio das zonas montunas del norte peninsular. Tamén se pode confundir núa primeira oyuada con outras especies asomeñadas tanto nel tipo d’hábitat como nel época del ano en que florecen como Merendera montana ou Colchicum autumnale. Cua primeira especie é búa de ver a diferencia porque nace arrentes del tarrén, mentres qu’el toyemerendas ten rabo. Cua segunda, tamén, que ten os órganos reproductores ben diferentes, con seis estambres y tres estilos que nun se ramifican.

Peteiro de toyemerendas nun ribón al pé del camín en Les Caldes (Uvieo) (30/10/2016).

A pranta é ben guapa y chamadeira, tanto como lo é el sou nome popular de toyemerendas. A esplicación que todo el mundo dá, y que tamén me deron a min condo perguntéi á xente, é qu’a flor empeza a salir condo menguan os días: nun había tempo de merendar porque escurecía axina y xa se ciaba pra ir prá cama. El resume é qu’a merenda toyíala, estropiábala. É un verbo mui noso este de toyer. Ten el sentido de ‘estropiar, poñer en mal estao, en malas condicióis’ y pode toyerse a terra, el leite, a comida, el ordenador ou el móbil. Prá montaña, col mesmo significao usan tamén el verbo derramar. Eso de toyer a merenda col sentido de ‘chafar un asunto, úa situación’ é úa espresión usada en galego-asturiano qu’eu alomenos apuntéi en Armal (Bual). El vocabulario d’Acevedo y Fernández, el de Bual y el da Veiga recoyen el adxetivo toyemerendas pra calificar a daquén que chafa un plan ou acaba col bon ambiente qu’había núa reunión.

El nome de toyemerendas prá pranta aparece nos vocabularios del Couz (Villayón), de Bual, y de Monón y Castaedo (Ayande), pro non nos vocabularios de puntos máis al norte, na marina (cousa que me choca ben porque é úa pranta que se dá dende el nivel del mar hasta el monte). Eu recoyín a forma toyemerendas en Vior, A Grandela y Obanza, todos lugares da parroquia de Balmonte (Castripol), en Valentín (Cuaña), en Molexón (A Veiga) y en Arancedo, As Cabornas, Romeye, El Caroceiro, El Chao das Trabas, San Xuyán, Villar y Llobredo, todos del Franco. Tamén en Balmonte (Castripol), nel lugar de Vilarín, dixéronme a variante toyasmerendas.

Cua mesma idea d’acabar cuas merendas ta a forma quitasmerendas, qu’ougüín en Villarín, na parroquia franquía da Braña. Relacionao col tempo del ano en que sal a pranta ta el nome que me deron en Villalmarzo (El Franco): flor de defuntos. Pr’acabar, y pol asomeñanza y parentexo que ten col famoso condimento, tán as formas flor d’azafrán, que me dixeron nel Monte (Navia), y herba d’azafrán, que sentín en Villar (El Franco).

En galego danse as variantes tollemerendas y tollasmerendas, ademáis de quitamerendas y safrán bravo. En asturiano hai lamar de xeitos de chamarye, anque os máis d’elos nun tían recoyidos nos vocabularios ou diccionarios, pro si nos estudios d’etnobotánica: agripina, cucliellu, cergateña, cirigateña, cigarateña, sagrateña, zargateña, birulete, pimpinete, pimpirete, pimpirulete, pimplonete, flor d’azafrán, rosina del azafrán, azafrán montés…, ademáis de quitameriendas nel asturiano occidental. En casteyano el nome máis común é el d’azafrán silvestre, loco ou fatuo, anque tamén se dan nomes como pierdemeriendas, quitameriendas y espantapastores, ás máis das veces aplicaos a outras especies aparecidas das que xa falamos, como a Merendera montana.

Advertisements