Arquivo por etiquetas: chupos

Ortiga mansa (Lamium maculatum)

Flores d’ortiga mansa na veira d’un camín en Sontolaya (Morcín) (15/4/2016).

De neno nun tía mui claro se a ortiga mansa (Lamium maculatum) picaba ou non. Víasla medrar entre as ortigas que pican, as del xénero Urtica, y nun sabías mui ben se todo era a mesma pranta, porque ademáis asoméñanse muito nas foyas. Tanto úa como outra nacen en sitos mui aparecidos; sobre todo vense xuntas nas veiras húmedas y avesías dos camíos. As foyas del ortiga mansa, peludas y del xeito das das outras ortigas, nel inverno avezan a botar úa manchas abrancazadas. É a característica da especie que nos recorda nel sou nome científico el epíteto maculatum ‘dexobao’.

El que si diferencía a ortiga mansa del outra é as flores arrosadas que ten, úas flores que tán ei todo el ano, polo qu’é úa pranta das poucas que dan color nel inverno. Esas flores, mui características pola súa forma de tubo qu’abre al final en dous beizos, arrincábanlas os nenos pra chupalas porque tein úa gotía dulce de néctar. D’ei el nome popular que ten a especie en dalgús sitos, como el de chupóis que recoyín en Mántaras (Tapia) y el de chupos que me dixeron en Villouril (Navia).

Cuneta chía d’ortiga mansa en Les Caldes (Uvieo) (30/10/2016).

Pro el nome que máis atopéi foi el d’ortiga mansa, qu’apuntéi nel Monte (na parroquia naviega d’Anlleo), en Ouria (Bual), nos lugares de San Xuyán y Llobredo (El Franco) y nas Campas (Castripol). Tamén en Mántaras recoyín esa forma, anque daquela nel meu vocabulario púxenla por error como sinónimo del amentón (Mentha suaveolens), pro ta claro qu’ortiga mansa ten que referirse a Lamium maculatum. Ese adxetivo mansa aprícase de xeito metafórico pra dar a entender qu’esta pranta nun pica, como el outra. Xa se víu nel caso del castañeiro el uso de manso pra estremalo del bravo, el que ta sin inxertar, pro hai máis casos na fitonimia popular qu’han a salir máis adelantre, como el nome de de cardo manso (Sonchus oleraceus), pra estremalo d’outras especies de cardos que si que tein pinchos curiosos. Outra posibilidá d’outro adxetivo col mesmo significao é a que se dá na denominación ortiga dulce, que me deron en Castañeirúa (Castripol). El último nome que podemos xuntar é el de pranta dos abeyóis, que m’apurriron como propia de Viyadún, nel mesmo conceyo, seguramente por ser especie mui frecuentada por causa das súas flores.

A especie Lamium maculatum recibe el nome de chuchameles ou chupameles en galego, ademáis d’estruga morta (hai que recordar que nesta lingua ortiga tamén se diz estruga). A idea de chuchar ou chupar volve darse nel nome da pranta en Portugal, unde ye chaman chuchapitos ou chuchas. En asturiano hai denominacióis tanto por causa del asomeñanza cua ortiga (ortiga mansa, ortiga muerta, calzones d’ortiga muerta, ortiga que nun pica, ortigón), como pol uso alimenticio infantil (chupamiel) y pola forma chamadeira das flores (paxarinos). En conto al casteyano, chámanye chupamieles, ortiga fétida, ortiga manchada ou el máis estendido ortiga muerta, ademáis del adaptación del nome científico, lamio, anque se trata d’un término mui erudito.

Advertisements