Arquivo por etiquetas: castanea sativa

Castañeiro (Castanea sativa)

Castañeiro chen d’arizos en Llaviada (Bual) (18/10/2016).

Costa caro pensar nel outono y que nun se che renembren as foyas arroxadas dos castañeiros y el tarrén estrao d’arizos. El castañeiro (Castanea sativa) é un árbol que quitóu muita fame y qu’hoi, alomenos en Asturias, nun se ye saca a rendedeira que se ye podía sacar. A súa madera sempre foi mui apreciada prá carpinteiría, pra vigas, trabas, portas, ventás, arcas…, pro tamén pra fer cestos, mangos, trobos y hasta pipas pra tocar feitas cua paraza d’úa xota de castañeiro. Del sou uso pra fer mobles ten que vir el casteyanismo castaño pra chamar á madera, de tal xeito que muita xente estrema el castañeiro ‘árbol’ del castaño ‘madera de castañeiro’: Os armarios son de castaño, que tán feitos d’un castañeiro que tumbéi.

A denominación de castañeiro, formao col sufixo –eiro típico del galegoportugués pra dar nome a árboles, coye toda a zona del Navia-Eo en continuidá con Galicia, anque alí xa predomina a forma castiñeiro. Ta recoyida a palabra castañeiro nos vocabularios da Veiga, Mántaras, El Franco, Ponticella, Bual y Eilao. Nas encuestacióis del ETLÉN, que buscaba, entre outros muitos fenómenos, a distribución territorial dos sufixos –eiro y –al pra formar este tipo de palabras, obtúvose a resposta castañeiro (ou castañeiru) en todos os puntos eonaviegos (El Monte, Vivedro, San Xuyán, El Valín, Os Niseiros, Zreixido, O Chao, A Garda, Bustapena, Labiaróu, Teixeira, El Pato, Armal, Poxos, Pezós, Castro, San Salvador, Valdeferreiros, Vilamayor y Fandovila) y incluso en dalgún punto de fala asturiana occidental, anque el máis xeneral nestos lugares é a denominación asturlionesa feminina castañal, en continuidá col resto d’Asturias (unde alterna con castañar). As formas galegas típicas de castiñeiro atopáronse xa en dalgús dos puntos orientales de Lugo que s’encuestaron nel ETLÉN.

Na marina nun hai muitos castañeiros porque os montes repobláronse primeiro de pinos y despóis d’ocalitros, pro máis prá montaña einda se vén montes prantaos d’esta especie, con exemplares centenarios que tein tocóis anchísimos, cachopos veyos ás veces queimaos y afurancaos pol rayo. Pral sito poblao de castañeiros temos dúas palabras principales en galego-asturiano que, según os datos qu’hai dispoñibles, reparten el noso territorio en tres zonas: úa tira pol noroccidente unde se chama castañeiral (teño datos dende Tapia hasta San Tiso d’Abres: A Roda, El Valín, Zreixido y O Chao); outra, a meirande, unde se diz souto (entre os datos bibliográficos y os propios sei que se diz dende Navia hasta Ayande y, por suposto, chega hasta Galicia); y, entremedias, outra tiría unde conviven as dúas denominacióis, como na Veiga ou San Tiso d’Abres. Ademáis, el vocabulario de Ponticella (Villayón) recoye a forma castañeirúa col mesmo significao y el estudio sobre a fala del Franco, pola súa parte, apunta el sustantivo castañeira, forma qu’eu nun conocía en Tapia máis que como topónimo, pro que nos Coutos (Ibias) úsase einda col sentido de ‘castañeiral pequeno’.

A palabra souto, pola súa etimoloxía (vén del latín saltum ‘conxunto d’árboles’), ten un significao primario de ‘monte’, sin dar máis a raza del árbol, como se recoye nel vocabulario da Veiga ou eu mesmo constatéi en Poxos (Villayón), pro acabóu xeneralizándose en galego-asturiano col acepción máis reducida de ‘conxunto de castañeiros’.

Ún dos destelos que cain dos castañeiros col vento del outono. Llaviada (Bual) (18/10/2016).

Tense debatido muito sobre el autoctonía del castañeiro na península ibérica y sostíase que chegara ás nosas terras da mao de Roma, pro estudios paleontolóxicos y xenéticos demostran que xa lo había en etapas anteriores. El qu’é evidente é qu’a especie miyoróu históricamente con inxertos d’outras variedades y que se prantóu sistemáticamente dende a Edá Media hasta hai ben pouco pola súa importancia na alimentación y na carpinteiría. Os cambeos socioeconómicos (mesmamente na dieta), a esplotación forestal indiscriminada, as repoblacióis con especies forasteiras y enfermedades como a tinta foron acabando cos soutos qu’había antano.

El interés alimenticio del castañeiro ta nel sou fruto, a castaña, y pra eso os soutos cuidábanse muito y os árboles fradábanse y inxertábanse buscando a súa miyor productividá: son os castañeiros mansos, qu’os bravos dan menos castañas y máis pequenas. D’ei el epíteto del nome científico del árbol: sativa ‘labrada, cultivada’. Antano diferenciábanse muitas razas y hoi podemos atopar nomes nos vocabularios, pro, por desgracia, xa cuase nun sabemos qué características esactas tían esas variedades: paredeiras ou de parede, de bravío ou lei nova, de loriga ou llorigas, de xémara, de belude, de sueiro, condias, ferreiras, gallegas, de paganón ou paganas, terondias, vaqueiras, rapucas, mouriscas, verdiales… y hasta castañas da bruxa.

Hai un vocabulario mui importante relacionao cuas castañas y neso dispoñemos de máis información. Ademáis das monografías y vocabularios publicaos, hai descripcióis máis pormenorizadas en libros como Notas etnolingüísticas del conceyo da Veiga, de José Antonio Fernández Vior; Castaedo y Monón. En poucas palabras, de Marcelino Lozano Sol; ou La casa tradicional en San Martín de Ozcos, d’Adolfo García Martínez. Xuntando todas esas informacióis y outras inéditas podemos fer un repaso das palabras en galego-asturiano que tein que ver col aprovetamento del fruto del castañeiro.

Primeiro de que salia a castaña, el árbol ten que botar a flor, que se chama candela. D’ei nace el arizo, orizo ou ourizo, y dentro d’él, despóis de louregar ‘piyar el arizo color amarelada’ y madurecer, acaban de formarse as castañas. Da color del fruto naceron os adxetivos castaño y acastañao, mui usaos pra referirse al pelo ou a os oyos.

Condo xa madureceron os arizos, empezan a destelar (destellar na zona de palatalización d’estos resultaos), querse dicir, a abrir y a cayer dalgúas castañas. Son os restelos ou destelos (destellos na zona oriental). Condo sopra el vendaval nel outono, os arizos cain al tarrén y é condo se poden pañar. Alejandro Sela, el escritor de Vilavedeye, recoyéu úa adivianza sobre este tema: Pínguli-pínguli ta pingando, fúnguili-fúnguili ta fungando (as castañas que cain del castañeiro y el xabaril que las come). Adolfo García cita esta outra de Labiaróu (Samartín d’Ozcos): Alto me vexo, color d’ouro teño e por úa risada perdín conto teño (el arizo). Y tamén apunta un refrán qu’esplica a necesidá d’un brao calente y un setembre d’augua pra qu’haxa ben castañas: As castañas, en agosto asadas y en setembre molladas.

A ir ás castañas qu’hai nos arizos que cayeron al tarrén chámaseye ir al soutexo, soutar ou soutiar. Nos Ozcos tamén ye chaman vadiar y a os que las pañan, vadíos (esta palabra úsase en galego col significao de ‘vagabundo’). A lei consuetudinaria deixaba qu’a xente podese ir libremente ás castañas del tarrén, anque os árboles nun foran d’elos. Pra sacar as castañas del arizo, ou ben s’usa el pé (con zapato ou galocha), ou ben se bota mao das mordazas, úa especie de pinzas de madera usadas pra eso. El que si namáis pode fer el amo del castañeiro é varexar, querse dicir, dar con úa vara na rama del árbol pra que cayan os arizos. Era avezo que nos montes comunales cada casa marcara os sous castañeiros prantaos riscando un símbolo particular na paraza.

El feixe d’arizos que se xuntaba acorripábase, metíase nel mesmo castañeiral dentro d’úas construccióis circulares de pedra, as corripas ou corripias, y tapábase con folgueiras y foya pra que foran apodrecendo ou curtindo os arizos y ceibando as castañas. Desque pasaba un tempo, sacábanse os arizos da corripa y estendíanse con un angazo en tendales ou tendaladas y iban esbiyándose, debiyándose ou debuyándose as castañas, dacondo usando galochas ferradas. Os cochos ceibábanse polos soutos pra que s’alimentaran cosl refugayo das castañas del tarrén que quedaran. Antano nun se perdía un rispio y enguano apédranse toneladas d’elas nel monte.

El castañeiro empeza a botar a flor, a candela, xa a últimos da primavera. Mántaras (Tapia) (4/7/2015).

Pro, ademáis d’alimento pra os animales, as castañas eran parte fundamental da dieta humana. Como ben se sabe, as castañas poden comerse cocidas ou asadas. Cocidas poden ser con ou sin cosco ou pulgo, qu’é a paraza dura que las recubre. Se se cocen con pulgo chámanse mamelas. Vai en gustos, pro pra min as máis ricas son as cocidas y entriyadas en leite. Despóis d’aparalas ou pulgalas, namáis yes queda a tez que recubre a carne, el pulgazo, que se pela ben desque tán cocidas (así y todo, hai sitos unde se chama pulgo ou pulgazo a ese recubrimento interior y cosco al esterior máis duro). Condo xa tán nel punto de cocedura hai qu’escolalas, quitaryes el augua de cocer entornado a tarteira y deixando úa regandixa entre ela y a cobertoira pra qu’escape el augua y recudan. Desque se comen as máis enteras, sempre se poden xuntar nel cul da pota as faraguyas cocidas, ben ricas, pras que se recoye un nome ben chocante en Tapia nel blog A Salvadeira: fernandíos. Tamén en Tapia constatóu a comparanza con un peleyo de castaña pra dar a entender a pouca valía de daqué: Nun val un peleyo de castaña, por menos d’un peleyo de castaña, etc. Al aparar as castañas podemos atopar que nun tein miga dentro: son as castañas lolas (ou llollas). Tamén poden tar cocosas ou agurguyadas, condo tein bicho.

Os magostos son as reunióis festivas pr’asar castañas. É el que se chama magostar ou amagostar. Eso faise normalmente nun tambor ou torrón, un recipiente redondo con furaos que se pon derriba del lume y al que se ye vai dando voltas. Pra qu’as castañas nun estoupen al asar, hai que feryes primeiro un corte na paraza. Eso chámase amozcar, amozquelar, mozquelar (ou amozquellar, mozquellar, na zona de palatalización d’esos resultaos), amozquitar, capar y rayar. D’esas reunióis festivas alredor das castañas nacéu el acepción figurada d’amagostar: ‘maquinar, amañar daqué ás escondidas pra proveto propio’.

Nus tempos en que nun se dispoñía de conxeladores, ún dos sistemas pra qu’a comida durara muitos meses era secala. Eso tamén se fía cuas castañas, que se poñían núa especie de repisa derriba da lareira: el queizo, queinzo ou caínzo. El resultao eran as castañas mayolas ou amayolas. Xa Acevedo y Fernández relacionan ese nome col feito de qu’avezaban a consumirse dende a Coresma hasta el mes de mayo. Hai úa tradición que leva ese nome, as mayolas ou amayolas, da que conozo datos na Veiga y Navia, anque por exemplo, Anibal Otero recoye en Barcia (nel conceyo lugués da Ribeira de Piquín, al pé d’Asturias) a tradición das maiolas, unde el primeiro de mayo a xente qu’einda tía castañas regalábalas a os vecíos. El que me cuntaron a min é qu’os nenos y nenas salían en mayo con us altaríos con flores y cantando úas copras pedindo polas casas. Tamén en Tapia nos falóu Conchita Lebredo dos altares de mayo que fían as muyeres nel que, al cabo, son tradicióis precristianas vinculadas a ese mes que se dan en toda Europa y que despóis reaprovetóu a Igresia. En Zreixido (A Veiga) acordábanse d’un fragmento del que cantaban os nenos: «Aí vén el mayo detrás da Penela. Póñame as castañas, señora Bernabela. Señor Capitán…». En Navia era: «Mayolas a mayo, que se han derrotado, qu’aquí viene Xuan, qu’aquí viene Pedro, colas súas mayolas, que las trai nel medio. Se la mula rincha, tíraye del freno. Así fixo Xuan condo veu d’Uviedo. Llevántate, Xuan. Llevántate, Pedro, qu’abondo durmiche, que pasóu la mula y tu nun la viche». Copras aparecidas pódense atopar na tradición dos maios por toda Galicia (y ben d’elas, por certo, nel oriente lugués).

En conto ás formas nos territorios vecíos pra chamar al árbol, en Galicia dominan as formas castiñeiro y castañeiro, mentres que pral colectivo queren miyor os sustantivos souto y castiñeira ou castañeira. En asturiano dizse castañal ou castañar, como xa s’apuntóu, y pral colectivo úsase castañéu y castañeru.

Da presencia dos castañeiros quedaron ben testimonios na toponimia mayor, y sobre todo menor, da nosa terra. Fai un repaso d’elos Ana Cano nun artículo sobre os sufixos na fitotoponimia del Navia-Eo publicao nas Actas das Segundas Sesióis d’Estudio del Occidente. Por exemplo, col nome del árbol ta el topónimo A Castañal (Villayón), pro el interesante da toponimia é qu’as veces dános datos d’etapas anteriores da lingua, con sustantivos que xa deixaron d’usarse na fala habitual ou que tán mui esqueicidos ou son minoritarios. Por exemplo, de nomes pra chamar a un sito poblao de castañeiros, vein topónimos como Castañeira (Tapia, Villayón), O Val das Castañeiras (Ibias) ou Castañeirúa (Castripol). Y tamén este significao debían ter topónimos como Castaedo (Villayón, Ayande), El Castañedo (El Franco) ou Casteda (Tapia), equivalentes a os Castanéu, Castañéu y Castañeda del asturiano. Pra referirse a un sito unde se daban ben as castañas debéu nacer el topónimo Castaosa (Ibias). Esas diferencias nel Navia-Eo de resultaos con -ñ- ou con perda del -n- son porque, mentres nel primeiro caso tamos delantre de continuadores del latín castanea (con esa –nj– qu’evolucionóu a un resultao palatal nasal: castania > castaña) máis un sufixo, nel segundo caso esas formas partiron del latín castanetum, ás veces col sufixo feminino.