Arquivo por etiquetas: carracho

Apegón (Actinia equina)

Tres apegóis (Actinia equina) núa pedra na praya da Palomba (Tapia).

Condo andábamos entre as pedras del ribeiro, buscando bígaros ou mirando nas poceiras a ver se víamos dalgún cangrexo, sempre poñíamos muito procuro al pisar, nun fora ser que pousáramos el pé nun mexón (Actinia equina). Así yes chamamos en Mántaras (Tapia), y tamén en feminino, mexúa, pro a súa denominación en galego-asturiano é variada. Os nomes tán mui repartidos xeográficamente, cada poucos quilómetros, así qu’escoyín como título el d’apegón porque, como s’ha a ver, é úa denominación con úa mínima continuidá territorial que coye dous portos de mar seguidos.

Abonda con andar entre as pedras de dalgún ribeiro ou praya condo ta de mar vazo pra ver os nosos apegóis. A especie Actinia equina é úa clas d’anémona de corpo cilíndrico que s’apega y se move mui axeito nas paredes das pedras. Ten un feixe de raxíos que se recoyen condo ta en seco amañando úa bolía acolorazada, amarronada ou averdosada, de non máis de sete centímetros d’alto, como se fora un tomate, que por eso ye chaman en casteyano tomate de mar. Esos tentaculíos botan úa sustancia urticante qu’usa pra tornar os enemigos. Tamén con esos raxos piya y paraliza as súas presas: pexíos, crustáceos y moluscos pequenos. Del mesmo xénero tamén pode atoparse Actinia fragacea, qu’é úa especie un pouco máis grande y gorda, colorada con puntíos verdes ou amarelaos, el que fai que ye dían en muitas linguas el nome d’anémona de fresa.

Hai outra anémona tamén mui común que podemos ver nas poceiras entre as pedras al pé del mar, Anemonia viridis, que cuase sempre mantén os raxíos sacaos y que tamén é urticante, polo que ye chaman en Andalucía ortiguilla ou ortiguilla de mar. É úa especie que se consume alí rebozada y frita. Barriuso, nel sou Atlas, identifica Actinia equina y Anemonia viridis col mesmo nome popular, cousa razonable porque, como ben se sabe, a xente aveza a chamar igual a especies de características aparecidas, neste caso el hábitat y el efecto urticante, anque ben é verdá qu’a súa feitura habitual sía diferente y eso é abondo pra qu’a xente nun las relacione.

Exemplar d’Actinia fragacea núa regrecha d’úa pedra na praya da Palomba (Tapia).

Al tratarse d’úa especie maría, na biliografía publicada podemos botar mao dos datos del Atlas Léxico Marinero d’Emilio Barriuso, porque dos vocabularios locales namáis el de Mántaras, lugar costeiro, recoye el nome que ye dan. Según Barriuso, a secuencia del oeste al leste é asina: teta nas Figueiras, roncha en Tapia (nun teño en conta os sinónimos de mexón y mexúa que tamén pon, porque yelos pasara eu dos datos mantaregos) y apegón nel Porto (El Franco) y Ortigueira (Cuaña), ademáis del sinónimo carracho nel Porto. Pra completar este panorama pode amecerse dalgúa outra información. A min déronme ademáis outra variante d’este lugar pixoto: teta del demonio, con un adxacente tan negativo en comparanza col outro de Dios qu’atopamos en nomes populares d’especies vistas pola xente con oyos máis cariñosos, como Armadillidium vulgare ou Coccinela septempunctata (carrachín de Dios, paxarelía de Dios, cochín de Dios, reinía de Dios…). Tamén me deron como aprendida nas Figueiras, de condo eran nenos y los avisaban de que nun los pisaran, a forma chupón.

María do Carme Ríos Panisse, qu’estudióu a nomenclatura da fauna en toda a costa galega y tamén encuestóu nas Figueiras, recoye alí as formas teta del mar y ortiga de mar. Esta última, anque núa variante con artículo nel adxacente (ortiga del mar), Barriuso namáis la identifica con Anemonia viridis.

Relacionao cua denominación de Mántaras de mexón y mexúa ta, seguindo contra el leste, a de mexacán que ye dan nos lugares vecíos de Salave (Tapia) y Valdepares (El Franco). En Cartavio (Cuaña) dixéronme outro xeito de chamarye ben chocante: cul de burro. En conto al nome d’apegón que recoye Barriuso, déronmo tamén en Lloza y Mouguías (Cuaña), llugar este da parroquia del mesmo nome á que pertenece Ortigueira.

Pode adiviarse na distribución territorial das denominacióis d’Actinia equina un fenómeno qu’atopamos ben veces, tamén na toponimia costeira: os portos de mar tein as súas particularidades de vocabulario específico, qu’ás veces son quén a estenderse pola contornada, pro qu’outras quedan como un isla arrodiadas das formas qu’usan na zona rural, nel aldea, que dicen os da vila.

Poceira chía d’ortigas del mar (Anemonia viridis) núa pedra pra fora del ribeiro del Mayolo (Serantes, Tapia).

Todos os nomes que s’apuntaron tán basaos, ben na feitura del bicho ou ben nas características da súa conducta. Por eso son sustantivos xa usaos pra outras realidades (teta, cul, carracho, roncha, ortiga) ou adxetivos sustantivizaos creaos a partir d’un verbo (apegar, chupar, mexar).

A primeira motivación pral nome en galego-asturiano d’Actinia equina xa la esplicamos: como al pisala bota un chorro, d’ei vén el nome de mexóu ou mexúa. Tamén relacionao col mexo ta a denominación de mexacán, qu’é palabra usada ademáis en galego-asturiano pra chamar úa especie vexetal, Taraxacum officinalis, aparte de pra referirse a úa afección nel peleyo, según crencia popular, por pisar a mexada d’un can. Del efecto urticante que ten Actinia equina vein el nome tapiego de roncha y os d’ortiga y variantes.

A súa característica d’apegarse á pedra esplica os nomes d’apegón y chupón, y, por comparanza col insecto parásito que s’agarra al peleyo dos animales, el de carracha. Pola feitura arredondiada con un oyo nel medio esplícanse as denominacióis de teta y variantes, y a de cul de burro.

Os xeitos de chamarye nos portos d’Asturias unde se fala asturiano tamén son variadas: en L.luarca, cona, pro teta tamén ye chaman en Ouviñana y Llanes, y tetu, en Avilés, Candás y Xixón. El nome de mexón ou mexona úsase en Lluanco y Llastres (Colunga), y el d’apegón, en Cuideiru. Aparte, ta el de formigón en Bañugues (Gozón), morción en Tazones (Villaviciosa) y aguamala en Ribesella.

Tampouco en galego nun hai muita continuidá territorial nas denominacióis, según se comproba nas recoyidas por María do Carme Ríos Panisse. Ben d’elas son comúis na forma y na motivación cuas asturianas. En Ribadeo chámanye teta da pedra y en Rinlo (Ribadeo), apegón ou aplegón. Seguindo pral oeste, en Foz, mexacán; y en Cangas y Burela, ortiga. Hai ademáis portos unde ye chaman mexón ou mexacán. Outros nomes son teta mansa, teto, bruxa, cona de vella,