Arquivo por etiquetas: arto

Arto (Rubus spp.)

Recimo d’amoras nun valao de Penanes (Morcín) (8/9/2015).

¿Quén nun foi ás amoras condo era rapacín? Esas frutías que nos brinda el final del brao sempre foron el ayalga buscada nos valaos polas cuadriyas de nenos y nenas. Eu teño el recordo d’ir con úa caxa de cartón de galletas pra ir metendo nela el botín. Despóis, xa na casa, vía el operación de lavalas y pisalas con un tenedor pra fer viño y mezcrar as amoras estrapeladas con ben azucre.

Cuas concentracióis parcelarias y as pistas novas que se fixeron desapareceron muitos suqueiros, noiros y valaos qu’eran el sito al xeito pra que saliran as prantas que dan as amoras: os artos ou silvas (Rubus spp.). A sustitución del epíteto ou nome específico da especie por ese spp. significa que chamamos con esos nomes populares a úas contas especies del xénero Rubus. Efectivamente, hai muitas razas mui aparecidas que pra os que somos profanos na materia tán malas d’estremar: a todas esas prantas con espías que cubren os valaos, que dan amoras y que tein esas foyías aparecidas á foya da lameira (Ulmus minor) chamámoyes artos. A especie máis común d’arto nel occidente é Rubus ulmifolius (nome científico que significa algo asina como ‘arto da foya como a lameira’), pro hai outras que se dan aquí, como R. henriquesii, R. galloecicus ou R. lainzii.

Chaman amora al fruto en Galicia y nel Navia-Eo, anque apuntéi a forma mora en Vivedro (Cuaña) y Santolín (Ibias). En realidá, el nome d’amora recóyese nos vocabularios del occidente asturiano y hasta chega a Cabranes, nel centro-oriente d’Asturias. Se falamos de variantes, é chamadeiro el nome que ye dan na marina máis oriental del Navia-Eo: amores (singular, el amor), que me dixeron en Ortigueira (Cuaña) y que ta recoyido nos vocabularios naviegos de Santa Marina y Vigu, y de Tox, os dous del asturiano fronteirizo col galego-asturiano.

Recimo cuas flores y grumos das que van ser amoras. La Ferraúra (Santuyano, Mieres) (9/6/2012).

El nome d’arto recóyenlo os vocabularios de Mántaras, A Roda, El Franco, Bual, Eilao, Monón y Castaedo, y Ponticella. D’arto salen os sustantivos arteira y artedal, pra chamar al sito unde hai muitas d’estas prantas, y un verbo: enartarse, qu’é condo te prendes nun arto y amañas rabuñóis nel peleyo cuas espías. Con arto pinta que tamos delantre d’úa palabra mui veya, preindoeuropea, anterior á chegada del latín, qu’os etimólogos relacionan col vasco arteQuercus ilex’ y col aragonés arto ‘espín’. Trátase d’un xeito de chamarye á especie propio del asturiano y que piya abondo territorio eonaviego.

En conto á forma silva é úa denominación propia del galego que piya menos d’estensión na nosa zona qu’arto. Evidentemente, é na parte máis occidental unde se diz. Por exemplo, el vocabulario d’Acevedo y Fernández dá a forma silva como propia de Castripol. Neste conceyo, Mari Carmen García, nel sou libro Literatura de tradición oral en Presno, usa a forma silva al referirse á especie. A min nel Valín, tamén en Castripol, cuntáronme qu’elos dicen silva y qu’en Piñeira, un pouco máis al leste, xa dicen arto. Nel mesmo conceyo tamén apuntéi el nome de silva en Lantoira, na parroquia de San Xuan, y El Arco, na de Balmonte, ademáis de silveiro pral sito chen d’artos, en Obanza, nesa mesma parroquia. Se pasamos máis al oeste, el vocabulario da Veiga namáis recoye silva y non arto (silveiro y silveira pral conxunto de prantas). Tamén de silvas fala Alberto Calvín, de Pardiñas (Taramunde), nel sou libro O canto do carro.

Así y todo, a palabra silva convive col sou sinónimo arto en sitos máis al leste, como se comproba nel vocabulario de Mántaras (Tapia), anque aquí non solo se chama silva al arto, senón tamén al arteira: A donicela metéuse naquela silva. El mesmo pasa nel vocabulario de Bual de María Teresa López García, unde define silva como ‘zarzal’. El feito de que na parte oriental del Navia-Eo haxa datos de silveira pra referirse al conxunto d’artos, anque xa nun digan silva pra chamar a pranta, fai pensar qu’este término puido usarse dacondo y que se víu desprazao pola palabra arto. El término silveira non solo se recoye en Mántaras y A Roda, unde einda dicen silva, senón tamén en Bual, y ta constatao ben máis al leste, en Tox (Navia). Tamén en Bual se recoye silveiral, col que pinta que tamén houbo el nome de silveira pra referirse á pranta y non solo al conxunto, como pasa en galego.

Todas estas palabras vein del latín silva ‘monte d’árboles’, que deu pé al actual selva, el que nun deixa de recordarnos un sito tan especial dende el punto de vista histórico y botánico como Os Llagos de Silva, en Salave (Tapia), al pé da fronteira con Mántaras. Os datos mantaregos y bualeses de silva como ‘arteira’ chaman el atención, anque nun é difícil ese paso semántico se reparamos nel xeito de medrar d’esta especie, amañando silveiros ben grandes unde nun s’estreman cada úa das prantas.

As flores dos artos poden ser brancas ou arrosadas. Güeñu (La Ribera) (26/5/2015).

Na zona oriental del Navia-Eo tamén hai outros xeitos de chamar ás arteiras, anque ás veces el sentido da palabra ábrese tamén al de maleza en xeneral. É el caso de balseira, recoyida nos vocabularios de Bual, Eilao y Monón y Castaedo (Ayande). Esta palabra constátase en Cospeito, nel centro-norte de Lugo, anque pra referirse al arto. Col mesmo significao dixéronmo en Mourentán (Ibias). En galego tamén s’usa balsa, pro col significao de ‘arteira’. Se saltamos al outra veira del Navia-Eo, na zona vecía del asturiano, en Tinéu, chaman balsera y balsa al montón d’artos, toxos y maleza.

Danse poucas variantes en galego pra chamar al arto: ademáis da palabra silva, como xa se dixo, creóuse a partir d’ela el derivao silveira, non solo pral conxunto d’artos senón pral nome da pranta. En asturiano, aparte d’artu, qu’é a máis xeneral, dáse a forma escayu, palabra que sobre todo úsase pra chamar as espías da pranta. En casteyano, a forma máis común é a de zarza ou zarzamora.

Xa nun ten gracia despóis de saber de qué tamos falando, pro aquí vai úa adivianza que recoyen con variantes pequenas tanto el libro de Mari Carmen García xa dito como el de Marcelino Lozano (Castaedo y Monón en poucas palabras): ¿qué cousa cousilía é qu’é tan largo como úa soga y ten os dentes como úa loba?