Arquivo por etiquetas: arionidae

Limaco (Arionidae, Limacidae)

Limaco da especie Arion ater entre el herba en Vilarín (Balmonte, Castripol).

As clasificacióis que femos da realidá biolóxica os que nun somos biólogos sempre las imos basar na traza que tein por fora os seres vivos. Y de seguro que nos imos engañar. Claro, nun botamos mao como elos de criterios evolutivos y fisiolóxicos. Pasa nel caso dos limacos, esos bichos terrestres qu’intuitivamente describimos como coscos sin cáscara. A palabra limaco é mui pouco científica ou, por dicilo d’outro xeito, úsase popularmente pra especies mui heteroxéneas anque nos pinten mui aparecidas. A realidá biolóxica é muito máis arrevesada porque muitas especies de limacos qu’hai son el resultao d’un proceso evolutivo de mengua da cáscara que se deu independientemente en muitas familias de gasterópodos. Eso si, hai que reparar en qu’a perda é namáis esterna: a casca teinla por dentro ou, se acaso, poden mantela, pro mui pequena. El que se deu foi úa converxencia evolutiva: d’us contos antepasaos diferentes, chegóuse a ese feixe d’especies tan aparecidas qu’ademáis comparten os mesmos nichos ecolóxicos.

Se miramos as clasificacióis dos gasterópodos del orde Pulmonata (qu’eso son os coscos y os limacos terrestres, que tein pulmóis) y imos baxando (suborde, superfamilia, familia…), hai grupos unde tán clasificadas xuntas especies de coscos y de limacos porque el importante nun é se tein cáscara ou non. Pra identificar os limacos nel título escoyín namáis un par de familias, quizabes as máis comúis y reconocibles nel noso ámbito xeográfico, Arionidae y Limacidae, qu’engloban outro mañuzo grande de xéneros y especies. Á máis búa d’atopar se imos por un camín y chovéu ou se escarrapatamos nun feixe de broza nun horto, é Arion ater, un limaco grande que pode ser dende naranxa hasta mouro. Son bichos omnívoros que s’alimentan de carroña, cuito y cualquera materia vexetal descomposta. Esta especie trátase en realidá d’un grupo formao por dous: Arion ater y Arion rufus, que, a pesar del que diga el epíteto rufus ‘colorao’, nun ten que ver a color pra estremalos senón diferencias na feitura dos sous xenitales que deixamos pra os especialistas. Máis chama el atención outro ariónido, Geomalacus maculosus, qu’é pinto. Tamén é chamadeiro Limax maximus, da familia Limacidae. El manto (a parte detrás da cabeza que cubre dalgús órganos con úa laminía de cáscara interna) ten pintas como se fora un leopardo y el rabo é alistarao, con tiras escuras y claras.

Exemplar de limaco da especie Limax maximus, cuas manchas características nel manto y el rabo alistarao. Brañanoceo (Santuyano, Mieres).

Os limacos sempre trouxeron de cabeza a os labradores polos destrozos qu’amañan nas prantas nel horto ou nel eiro. A súa feitura y os sitos por unde se move, sempre húmedos y escuros, tampouco nun axuda muito a que teñan búa prensa. Quizabes por eso os diabrecos, us personaxes da mitoloxía popular que se cría qu’axudaban a xente ruía a fer malas accióis, tein feitura de limacos, según recoyéu Berto Álvarez Peña en Sarandías (Bual), nun artículo que publicóu na revista Entrambasauguas.

¿Qué datos temos sobre a denominación en galego-asturiano d’estos moluscos gasterópodos? A forma limaco recóyenla os vocabularios d’Acevedo y Fernández, A Veiga y Mántaras. A variante llimaco, con palatal inicial (na zona unde dicen llume, lleite, llobo), ademáis de recoyerse, como se dixo, en Sarandías (Bual), rexístranla Acevedo y Fernández y os vocabularios da Roda, El Franco, Bual y Ponticella, parroquia unde tamén s’usa a variante llumaco, qu’é a propia das parroquias ayandesas de Llago y Santa Colomba, según recoye el vocabulario de Castaedo y Monón. A estos datos podo amecer dalgús que recoyín: limaco nel Valín y As Figueiras (Castripol), Vilela (San Tiso d’Abres), Bustapena (Vilanova d’Ozcos), Santalla (Santalla d’Ozcos), Ouria (Taramunde), Grandas y Penafonte (Grandas), Eilao y Cachafol (Eilao), y Sanzo (Pezós); llimaco en Valdepares (El Franco), Vivedro (Cuaña), Rozadas (Bual) y Andés (Navia); lumaco en Tormaleo y Carbueiro (Ibias); y llumaco en Corondeño y Llago (Ayande).

A distribución das denominacióis en galego-asturiano podemos resumila esplicando qu’a parte meirande del territorio, a centronorte, é a de resultaos del tipo limaco (ou llimaco, na zona de palatalización). Pral sur atopamos resultaos cua vocal -u- na reiz: lumaco (y llumaco na zona de palatalización).

Quédanos un nome chamadeiro verdá, el que ye dan en Vilarín, na parroquia de Balmonte (Castripol): minaco, qu’é un cruce entre limaco y minoca.

En galego, limaco rexístrase en Cedofeita (Ribadeo), pro nesta lingua ta máis rexistrada a palabra col acepción de ‘limo que botan dalgús animales’. El xeito máis común y estandarizao en galego pra chamar os gasterópodos sin cárcara é lesma, con variantes como lesmia, lesme, lesmes, denominación que tamén pode sufrir fenómenos de rotacismo (lerma, lermia, lerme, lerne) ou d’interdentalización del -s- (lezma, lezme). Outro mañuzo de variantes que se cruzan entre elas amáñanlo palabras como alimacha, lagáchema, lamáchega, lamagacha, lemegacha, limigocha, lizmacha, lumacha, lumigacha, lurmigacha, miligacha, miligocha ou meligoxo. Y hasta ta rexistrao limiago, al xeito asturiano, en Viana do Bolo, na veira suroriental d’Ourense, apegao á Seabra zamorana.

Y é qu’en asturiano a forma más común pra chamar al limaco é llimiagu, cua variante con l.l- na zona centrosur y occidental. Tamén se dan nel asturiano occidental formas cua perda da consonante na sílaba final (l.limiáu). Outra variación pode darse na vocal da reiz, que sía con -u-, como na parte sur del Navia-Eo, y cuas combinacióis dos fenómenos xa comentaos na consonante del última sílaba, qu’incluyen el resultao oclusivo (l.lumiacu), el sonoro (l.lumiagu, llumiagu) y a perda (l.lumiáu, llumiáu). Outra denominación nel asturiano é a que leva outro acabo: llimaz. Na veira del territorio lingüístico asturiano máis achegada al galego-asturiano, en Santa Marina, Vigu, Vil.lapedre y Vil.labona (Navia), ta rexistrada a forma l.limacu. Outra posibilidá de variación en asturiano é que teña a vocal -a- na reiz (l.lamacu, llamiáu). Evidentemente, esta clas de variantes siguen contra el sur en Lión y Zamora con formas como llimiacu, llumiacu, l.limiacu, l.limayu… En Cantabria tán recoyidas denominacióis como llumiaco y lumaco.

Limaco anaranxao da especie Arion ater, cos cornos a medio sacar, entre a foya seca na Ferraúra (Santuyano, Mieres).

En casteyano tamén s’usa a palabra limaco, que ten traza de ser úa voz norteña, porque ta constatada como usada en sitos como Álava, Navarra, A Rioxa y Aragón. A denominación máis popular quizáis sía babosa, emparentao evidentemente col sustantivo baba, elemento definitorio da traza del animal. Así y todo, hai outras formas máis locales de chamarye que relacionan al gasterópodo con bóvidos: en Burgos, buey, y en Palencia, vaquilla.

García Arias supón pral asturiano llimia(g)u úa orixe nun hipotético *limacum, del latín limacem, mentres que llimaz viría directamente d’esta última forma. El noso limaco tamén viría d’ese posible *limacum. A palabra latina pra chamar a este bicho era limax, limacis. Xa os escritores latinos relacionaran etimolóxicamente limax con limus ‘basa’, ‘pouso del viño’, ‘cotra’, polo que tein de común todas estas acepcióis col idea da baba, del limo. É evidente a relación, anque dalgús refugaran esa hipótesis etimolóxica pensando que se trata d’un fenómeno d’etimoloxía popular. Según estudióu Julián Santano Moreno, esta relación semántica é común nun feixe de linguas d’Europa. Propón úa reiz indoeuropea *(s)leim ‘limoso’ da que virían palabras como el inglés slim ‘basa, limo’, el latín limus ‘basa’ ou limax ‘limaco’, el alemán schleim ‘mocayada’, el catalán llimac ‘limaco’, el casteyano limaco y as formas xa vistas del asturiano y el galego.

En galego-asturiano temos úas contas palabras máis d’esta familia lim– (y as correspondentes con llim– na zona de palatalización, que nun repito nos exemplos). Ta el verbo eslimar ‘esbarar’, qu’é el que che pode pasar se pisas un tarrén con limo. Este sustantivo, anque s’usa por exemplo pra os limos del augua parada, aplícase sobre todo á sustancia viscosa que botan pola natura as vacas en celo. Esta limitación del significao namáis ás vacas, sendo real, é un caso típico de diglosia aparecido al que se dá con palabras como fégado ou morrer. Xa se sabe: morren os cochos, non as personas, qu’esas mueren; y el fégado é el dos cochos, qu’el das personas é hígado. Como se comproba, é aplicao a os animales unde se mantén el vocabulario autóctono, mentres qu’el casteyano, con miyor consideración social, vai desprazando as formas patrimoniales condo nos referimos a realidades relacionadas cuas personas.

Al feito de botar el limo pola natura chámaseye limarse ou eslimarse, del que sal el adxetivo pra referirse á fema que ta nesa situación: limada. Úa superficie qu’eslima, qu’esbaría, pódese dicir que ta eslimúa, eslimosa ou eslimacuada. Tamén s’aplica este último adxetivo a úa persona mui esmirriada. Y un sito unde s’eslima é un eslimadeiro. A baba dos limacos é a limacada ou limacuada. Da familia da palabra tamén vén un apareyo de pesca, úa nasa pra pescar truitas que se chama limaqueira porque se poñía de cebo úa xarta de limacos ou coscos.