Arquivo por etiquetas: arbanzolo

Arbanzolo (Centaurea nigra)

Centaurea nigra na Vegalencia (La Ribera) (26/5/2012).

¿Quén nun reparóu dacondo nas flores moradas del arbanzolo (Centaurea nigra) entre el herba dos praos ou na veira dos camíos? Os rabos da pranta son aroxos y duros y as vacas avezan a refugala. El involucro da flor, a base d’unde salen as foyas, ten xeito de barril y é tirante a mouro; d’ei el nome específico de nigra. Relacionao con ese color ta el nome de mourisco que ye dan á pranta en sitos como El Xeixo, na parroquia naviega de Piñeira. Outros nomes populares que recoyín básanse na traza da flor, como brocha en San Xuyán (El Franco) y broche na Veigadouria (Bual).

El nome d’arbanzolo recoyínlo en Llamabúa (Navia) y en Romeye y Arancedo (El Franco); outra variante, arbancholo, déronma en Sanzo (Pezós) d’úa pranta sin identificar, pro tou na fe de que se trata da Centaurea nigra. Tamén ta a forma garbanzolo, qu’apuntéi nel Caroceiro y nel Chao das Trabas, os dous nel Franco. A variante garabanzolo dixéronma en Balmonte (Castripol). Outras formas que recoyín en galego-asturiano son erbanzolo, en Mántaras (Tapia) y El Valín (Castripol); arbolancio, en Navedo (Eilao); y arbolanzo, nos lugares franquíos de Miudes, Godella y Villar (este nome tamén lo rexistra el libro de José García sobre a fala del Franco).

É posible qu’el nome primeiro en galego-asturiano d’esta especie fora erbanzolo ou arbanzolo y que despóis se cruzara con outras palabras (garbanzoárbol ou, mesmamente, herba) nun fenómeno conocido como etimoloxía popular ou asociativa: os falantes reinterpretan a palabra orixinal, que xa é escura pra elos, relacionándola con outras que si conocen ben y que s’aparecen nel significao y na fonética.

La Vegalencia (La Ribera) (25/5/2012).

Evidentemente, a Centaurea nigra nun ten miga que ver cuas prantas que dan os garbanzos, tanto os garbanzos da terra ou arbeyos (Pisum sativum) como os garbanzos casteyanos (Cicer arietinum), pro a orixe da palabra garbanzo si ten puntos de contacto cua palabra arbanzolo. Según os estudiosos, nel ámbito hispano a leguminosa cua que se fai el famoso cocido chamóuse primeiro sin ese g- inicial: tanto en casteyano antigo como en portugués danse as formas ervanço y arvanço. Tamén en galego se recoyen ervanzo y arvanzo. A palabra pinta tar emparentada col griego erébinthos y col latín ervum (qu’é a reiz d’unde vén arbeyo). Despóis, pol cruce con outras palabras, os falantes ameceríanye ese g- inicial.

El noso erbanzolo ou arbanzolo leva xeito de ser un diminutivo d’úa forma primeira xa desaparecida *erbanzo ou *arbanzo (igual que carneirolo de carneiro ou ameixola d’ameixa). Despóis virían esos cruces por etimoloxía popular con outras palabras, como nel caso de garbanzolo (con garbanzo ou garabanzo). Nel caso d’erbanzolo tamén se pode pensar nun cruce con herba; anque a forma orixinaria fora erbanzolo y evolucionara fonéticamente a arbanzolo, os falantes ben puideron despóis reinterpretar a palabra como un derivao d’herba, col que ta malo de saber se escribir con hache ou non a forma actual erbanzolo.

El nome d’arbolanzo ou arbolancio tamén é bon d’esplicar por etimoloxía popular. En Mántaras, arbolanzos son as herbas grandes que salen nas terras de vaco ou que quedan nos pastóis porque nun las comen as vacas. Polo tanto, noutros sitos (y quén sabe se dacondo tamén en Mántaras) chamarían arbolanzo ou arbolancio á Centaurea nigra, ademáis de pol parecido fonético con arbanzolo, porque as chanteiras da pranta veríanse como árboles pequenos y a terminación –anzo sería como un sufixo despectivo (como freganzo ou crianzo).

En asturiano, ademáis d’outros nomes como mazacorales, llapazu, manzorru, garampayu, pumar, moriscu ou negrón, a pranta chámase tamén garbanzón, garbanzu ou yerba’l garbanzu. Nos diccionarios galegos nun din topao información del nome popular d’esta especie nin formas aparecidas ás del galego-asturiano. En casteyano chámanye cañamones ou aciano negro (neste caso, pra estremala da Centaurea cyanus, de flores azules, que chaman aciano a secas). É interesante recordar que tamén hai el nome popular de garbanzuelo (que sería el equivalente casteyano da nosa palabra garbanzolo), anque s’usa pra chamar outra especie del mesmo xénero, a Centaurea calcitrapa.