Arquivo por etiquetas: arandeiro

Arandeira (Vaccinium myrtillus)

Arandeiras cerca de Vegabaño, en Sayambre (Lión) (20/8/2020).

El arando ta de moda nel campo del alimentación. A especie autóctona que dá esos frutos, a nosa arandeira (Vaccinium myrtillus), podemos atopala nel monte, sobre todo nas zonas altas. É úa pranta rastreira, que nun ergue muito, y que dá us arandíos pequenos que primeiro son acolorazaos y que despóis, desque madurecen, piyan úa color azulada mui escura. Máis escasa é outra especie, Vaccinium uliginosum, que, al revés que V. myrtillus, que ten as canas verdes y as foyas son das veiras aserradas, ten canas cardosas y as foyas tein as veiras lisas. Hai qu’aclarar qu’os arandos que vemos nas tendas y supermercaos son de razas forasteiras especializadas pral uso comercial pola súa muita producción, calidá y resistencia.

En Asturias, por ser especies al xeito pral clima del norte peninsular, lábranse Vaccinium corymbosum y Vaccinium ashei, raza ésta qu’é seroda y vén ben pra que dure máis a temporada dos productores. As dúas son arandeiras autóctonas de Norteamérica. Cruzando estas y outras especies del xénero Vaccinium, foron obténdose un feixe de variedades pra que s’axeiten miyor ás condicióis de frío de cada sito y pra que dían frutos en determinao tempo y con úas características concretas. Nun hai tanto que s’empezaron a labrar con fines comerciales, así qu’a súa historia de domesticación y busca d’híbridos nun ten muito máis de cen anos. Foi en 1912, en Nova Jersey, condo col axuda de nativos se prantaron as primeiras arandeiras cultivadas obtidas a partir da selección de razas bravas.

Á península ibérica as especies forasteiras nun chegaron hasta 1967: foi en Bourres (Tinéu), unde primeiro se probóu de xeito esperimental a labrar arandeiras tridas d’Estaos Unidos. Houbo qu’aguardar a últimos dos 80 y primeiros dos 90 pra que s’estenderan as prantacióis comerciales en Asturias y tamén en Huelva. Hoi hai máis d’un cento de productores na nosa comunidá, que ta nel segundo posto da producción estatal, a muita distancia por detrás da provincia andaluza. El máis da producción asturiana d’arandos vai prá esportación a Europa, anque ta medrando el consumo local gracias á difusión das súas propiedades beneficiosas prá salú. Eso si, dáse a paradoxa de qu’en muitos sitos véndense frutos tridos d’Andalucía y costa caro atopalos producidos y envasaos en Asturias. Evidentemente, sempre é muito miyor prá economía local y pral medio ambiente comprar productos de quilómetro cero.

Arandos einda sin madurecer na veira d’un camín porriba de Grandiel.la (Riosa), na ladeira del Aramo (5/5/2018).

El consumo del arando é tradicional nel medio rural alí unde se daba, igual que se comían as amoras ou outros frutos bravos: indo a elos nel monte y coméndolos nel momento. Ademáis, nel estremo occidental asturiano fíase en muitos sitos auguardente cos frutos da pranta. En ben de culturas, a especie aprovetábase polas súas propiedades melecieiras y tamén como colorante. Como xa s’apuntóu, os arandos autóctonos son muito máis pequenos qu’as razas labradas. Tan pequenos son qu’en galego-asturiano úsase a comparanza pequeno como un arando, qu’anotéi nel Valín, na parroquia castripoleña de Piñeira. Algo aparecido, que tamén ten que ver cua pequenez, ta recoyido nel galego máis oriental, unde é conocida a espresión non vale un arando.

Coromines pensa qu’a palabra arándano é d’orixe prerromana, relacionada col vasco aran ‘abruño’, ‘ameixa, cirola’. García Arias, sicasí, busca a esplicación pral asturiano arándanu nel latín tardío lorandrum, que viría del grego rodódendron ‘adelfa, Nerium oleander’. Propón un posible continuador en asturiano *llorándaru > *llorándanu, esplicable pola asociación cos derivaos asturianos del latín laurum ‘loureiro, Laurus nobilis’. Como noutro tempo el asturiano tuvo artículos palatalizaos, os falantes puideron interpretar a palabra *llorándanu como artículo máis sustantivo (ll’orándanu) y d’ei crear *orándanu > arándanu. Tamén el resultao galegoportugués arando lo esplica d’este xeito, evolucionao nas primeiras etapas del idioma condo einda funcionaba el artículo lo-, anque neste caso cua perda característica del -n- intervocálico.

Este arando y outros achegaos foron os frutos nacidos a máis altitú del estremo occidental asturiano condo saquéi a foto: tán al pé del pico del Filso (1.197 m), el máis alto da Serra da Bovia (27/8/2021).

Al falar del ourego (Origanum vulgare), xa se comentóu cómo en galego-asturiano y na parte máis oriental de Galicia se daban resultaos esdrúxulos unde se mantía el -n- (ourégano). Pois outro tanto pasa con arando/arándano nel estremo occidental d’Asturias: nos puntos máis nororientales y achegaos al asturiano manténse el -n- intervocálico. Hai máis casos d’estos en galego-asturiano, como tróbano (por trobo). Por eso nas encuestas del ETLEN perguntamos polas palabras arando, ourego y trobo. É razonable pensar que nel caso das respostas arándano puido pesar a influencia da palabra casteyana, sobre todo en zonas unde nun é especie búa d’atopar nel monte y polo tanto aprendéuse a denominación al través dos medios de comunicación ou da escola. É daqué que ta ruin de determinar: as respostas d’arándano nas encuestacióis en Mántaras, Vivedro y Corondeño fain pensar nesa hipótesis porque, por exemplo, nos tres sitos dicen trobo, pro, se miramos el mapa de respostas d’ourego, vemos qu’en Vivedro y Corondeño recoyéuse a forma ourégano y en Mántaras apuntáronse as dúas, con -n- y sin -n-. El único punto d’encuestación (dos da zona del galego-asturiano, claro) unde se dá sistemáticamente a resposta con -n- é nel punto naviego del Monte (Anlleo), unde dicen arándano, tróbano y ourégano.

Pro hasta agora tuvemos referíndonos al dato del nome en galego-asturiano del fruto y non del da pranta, qu’é el arandeira. Nel ETLEN nun se perguntaba pola denominación da pranta anque pinta que, se dicen arando, dirán arandeira y, se dicen arándano, dirán arandaneira. Así y todo, hai que ser rigorosos y nun deducir os datos, por mui lóxicos que parezan. En conto a os vocabularios locales que recoyen el nome, son namáis os da Veiga y Ponticella. Rexistros propios inéditos da palabra arandeira teño del Chao das Trabas (El Franco), Os Niseiros (Castripol), Bustapena (Vilanova), Armal y Rozadas (Bual), Cachafol (Eilao), Castro (Grandas), y Santolín y Tormaleo (Ibias). En San Xuyán (El Franco) dixéronme arandeiro, mentres que nel Monte (Navia) y Vivedro (Cuaña) recoyín arandaneira.