Arquivo por etiquetas: acebreiro

Acebro (Ilex aquifolium)

As bolas coloradas d’un acebro fema en Brañanoceo (Mieres) (21/12/2014).

D’esta volta nun toca falar d’herbas nin de florías, anque si d’úa especie vexetal. Trátase del acebro (Ilex aquifolium), un árbol que, se nun se frada, pode chegar a ter hasta quince ou veinte metros d’altura y durar dalgús centos d’anos. A popularidá que ten como adorno prá Navidá ponlo en peligro en muitos sitos, pro tamén aforra de dar máis datos prá súa identificación porque é conocido de sobro hasta prá xente máis urbanita.

As súas foyas son duras, brillantes porriba y con pinchos por toda a veira, d’ei el epíteto del nome científico, aquifolium, que vén ser como ‘foya aguzada’ ou ‘foya que pincha como úa aguya’. A madera, muito búa y dura, usábase pra fer cachabas, pértigas dos mayos ou fueiros dos carros. Cua súa paraza amañábase a liga, sustancia mui pegañosa cua que s’armaba pra cazar páxaros pequenos. Por certo, a merbos y malvises gústanyes con delirio os frutos del acebro, que duran nel árbol de setembre hasta marzo. Como ademáis el árbol ten foya todo el ano, é aveiro y alimento da fauna del monte, entre outros, del feisán (Tetrao urogallus), razón pola qu’é un árbol protexido en Asturias y considerao «especie d’interés especial».

En galego-asturiano recóyese a palabra acebro, ademáis de nel vocabulario d’Acevedo y Fernández, nos de Mántaras, A Roda, A Veiga y Bual. Nos de Ponticella (Villayón) y Castaedo y Monón (Ayande) aparecen dous sinónimos pra chamar ese árbol: acebeiro y xardón. El vocabulario de Ponticella tamén recoye como sinónimo espieiro, pro teño medo que sía úa confusión con outro árbol que tamén ten canas que pinchan: Crataegus monogyna.

Eu apuntéi acebro en Zreixido (A Veiga), Os Niseiros, Brañatruiye y El Valín (Castripol), acebreiro en Villarín (El Franco), acebo y acebeiro na Ovellariza (Vilanova), y acebo en Mourentán (Ibias). Neste lugar ibiano, chámanyes acebas a os exemplares que nun tein pinchos nas foyas, porque pensan que son femas. Esa é úa crencia que tamén ta mui estendida noutros sitos. A realidá é qu’esta especie é dioica, querse dicir, as flores masculinas y femininas necesarias prá súa reproducción nacen en árboles distintos y namáis os exemplares fema dan esas bolías tan chamadeiras condo se poin coloradas, pro el xénero nun ten miga que ver cua feitura das foyas. Qu’os acebros teñan pinchos é un xeito de defendérense dos hervíboros. Por eso os exemplares máis altos tein a parte de riba del árbol con foyas máis lisas, pro poden ser tanto machos como femas.

El acebro podémolo atopar dende a veira del mar hasta altitudes de 1.800 metros. Na montaña einda se poden ver montes d’acebros, que se chaman acebreiros, según recoyen el vocabulario de Bual y el da Roda, ou acebreirales (A Roda). Como testimonio d’esos sitos chíos d’Ilex aquifolium tán nomes de lugares como El Acebeiral en Vilanova d’Ozcos ou Cebedín, A Veiga Cebedín, Acebedo y Acebreiral na parte interior del conceyo de Tapia (costa caro crelo vendo qu’agora todos esos montes son úa prantación desadorme de calitros).

En galego danse por todo el sou territorio as mesmas formas pra chamar al árbol qu’en galego-asturiano, anque tamén tein variantes con -i-, polo qu’á lista hai qu’amecer formas como acivo, acivro, acivra, aciveiro, acivreiro, acivreira, acevedo, acevicho, aceviño, cevro y civro (regularizo todo con –v-, qu’é el xeito normativo d’escribilo en galego y portugués), ademáis de xardo y xardeira. En portugués é azevinho, azevinheiro y azevim, entre outras variantes.

En asturiano úsanse formas como acebu, acéu y, na metá occidental, xardón y xardu. Hai outro xeito mui estendido de chamar a esta especie, propio da zona centro-oriental d’Asturias: carrascu.

Un acebro na cortía d'úa casa en Brañanoceo, Mieres (21/12/2014)

Un acebro na cortía d’úa casa en Brañanoceo (Mieres) (21/12/2014).

Sobre a etimoloxía d’acebo hai teorías distintas porque costa caro encaxar ben nas esplicacióis os resultaos de galego-portugués, asturlionés y casteyano. Resumindo, a orixe haberá que buscala non na palabra clásica aquifolium, senón núa forma del latín vulgar, acífulum, qu’evolucionaría a acíbolo ou acébolo. Como en galego-portugués pérdese el -l– intervocálico, el resultao sería acibo ou acebo, forma que tamén se constata en portugués antigo. Sobre a palabra ameceríanseye despóis sufixos como –eiro, igual que pasa col nome d’outros árboles, ou –iño y –ín, como os resultaos galegos y portugueses. Dalgús defenden entoncias qu’el acebo del casteyano é un empréstamo del galego-portugués, pro outros propóin qu’a evolución en casteyano foi a acébalo y qu’ese –alo poderon interpretalo os falantes como un sufixo y refixeron d’ei a palabra acebo. Outra hipótesis diz qu’ese –o– átono d’acébolo puido fer derivar a palabra d’un xeito distinto: aceblo y despóis acebro (con ese –r– como en dobre ou nebra). García Arias, pola súa parte, propón un étimo acífidum que daría acébedo > acebdo > acelbo > acebo.

En conto a xardón (temos na zona el apelido Jardón casteyanizao), fálase d’úa orixe núa posible palabra perromana, sarta, irmá da zarza casteyana ou da zarta ‘vara’ vasca.

É un tema interesante y con muitas voltas, pro entendo que pode alouriar a os que nun yes chista muito esto da filoloxía, así que será miyor quedar cua imaxe das bolías encarnadas relumando entre el verde das foyas del acebro y el branco da neve, mentres un merbo s’aveira del vento entre a rama.