Sobre este blog

Nacín en Mántaras (Tapia) en 1965. Levo muitos anos escuitando, falando, lendo, investigando sobre el galego-asturiano, úa variedá lingüística del galego-portugués que ta en peligro serio de desaparición.

Nun soi biólogo nin fotógrafo, pro el interés pol vocabulario da mía terra levóume a esta afición por saber os nomes qu’a xente ye dá ás prantas y animales, y por tentar d’identificar as especies que vexo nel monte ou nas veiras dos camíos. Así que m’atrevín a fer un blog pr’axudar a difundir y conocer miyor a lingua del estremo occidental asturiano y a súa fitonimia (y zoonimia). Prestábame qu’as personas que tían interesadas fagan comentarios ou suxerencias, corrixan equivocos… y, se pode ser, que nos digan qué nome ye dan á especie en galego-asturiano nel lugar unde viven ou foron nacidas. Anque coincida col que xa se conoce, cualquer dato é interesante.

Xosé Miguel Suárez Fernández

11 opinións sobre “Sobre este blog

  1. Uxío

    Moi búas, Xosé MIguel.
    Disculpa si nun escribo mui ben en eo-naviego. Úa duda ornitolóxica, a ver se me podes axudar.
    En galego diferenciamos (a xente faino sen dudar) a curuxa (Tito alba) do moucho (Athene noctua), pois son dous paxaros ben diferentes en tamaño e voz, aínda que los dous son nocturnos.
    Pero aquí tou a preguntar e parez qu’a xente dille curuxa a todo lo que voa pola noite. ¿Tí saberás como se chama o moucho nestas terras?.
    Aproveito para ofrecerte axuda na identificación de especies se tés dúbidas. Déixote el meu correo.
    Saludos e adiante co blog… e coa língua.

    Gústame

    Resposta
    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      Hola, Uxío.
      Os datos biliográficos en galego-asturiano son escasos, pro claros. A palabra moucho, anque non sempre identificada, ta recoyida por Acevedo y Fernandez (que dan el sinómino de Cuaña ave da morte) y os vocabularios da Veiga y El Franco. Eu apuntéila en Castripol y en Zreixido (A Veiga).
      Tamén recoyín cárabo nus contos sitos pra Strix aluco.

      Gústame

      Resposta
      1. Uxío

        Moitísimas gracias…
        E reitero o da axuda en identificación. Se queres podo enviarte la lista d’el último censo de aves invernantes que fixemos na ría d’el Eo. Irían os nomes científicos, en galeo e en castellano, para que tu podas dar os nomes en eo-naviego.

        Gústame

      2. Poutaloba Autor/a do artigo

        Buf, pra eso nun teño datos. Y, se los houbera, precisaría despóis un trabayo de gabinete pra discurrir nomes qu’eu nun m’atrevo a fer.

        Gústame

    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      Gracias, ho. 😉
      Síntolo muito, pro de momento nun hai recursos d’ese tipo na rede. Namáis che queda ler muito (literatura ou blogs como este ou os que poño nos enlaces da páxina) y ouguir muito (teis el Atlas Sonoro, por exemplo).

      Gústame

      Resposta
  2. Manuel Amago

    Muy guapa a idea de tratar de identificar os nomes das plantas en cada sitio. A min vaime servir tamén pra recordalos, porque a costa de nun utilizados vanse arrinconado na cabeza.

    Gústame

    Resposta
    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      Gracias, Héctor. É un labor que podemos fer entre todos, así que… xa sabes: se podes dar dalgún dato da túa zona, muito ben.

      Gústame

      Resposta
  3. Emilia

    Acabo de enterarme de que existe este blog que intenta conservar el noso bable y eso deome muita alegria.Comparto tamen el gusto por las herbas y los paxaros. Perdona el meo bable pero e la primera vez que lo escribo y a penas lo falo pos tou lejos de Asturias,pero como dice la cancion “Asturias te llevo en el alma”.Muitas gracias por tu blog

    Gústame

    Resposta
    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      Gracias pol tou ánimo. Eu tamén t’animo a que, se identificas dalgúa das especies que saliron nel blog, nos digas el nome que yes dades unde naciche, que supoño que serás da zona. Un saludo.

      Gústame

      Resposta

Deixa un comentario