Umeiro (Alnus glutinosa)

Foyas d’umeiro. Veira del Ríu d’Esqueiru, cerca da desembocadura na praya da Ribera (Cuideiru) (11/9/2022).

Penso nos umeiros y nun recanto da mía acordanza renémbraseme úa escena: eu indo camín de Tapia y mirando pral Río de San Antonio en Mántaras, al pé de Ca Pernayo. Nese treito del río había úa fileira mui guapa d’umeiros que lo escoltaban un bocadín pola veira y a imaxe debéu quedarme grabada nel recordo como se fora un caltre nel peleyo. Nun sei por qué, pro a memoria ten esas cousas. Recordo el río condo en realidá trátase d’un regueiro que se cruza d’un lao al outro dando úa pasuada, pro como é el río máis grande del lugar, el río por antonomasia, nun precisaba diminutivos. A verdá é que nun m’acordo de cóndo tumbaron os umeiros aquelos, pro el caso é qu’agora el río nun ten outra solombra qu’as espadainas y dalgún qu’outro salgueiro hasta que morre nel ribeiro de Represas, en Tapia, xa como Río de San Martín. Antias d’eso recibe el nome de Río dos Córrigos, palabra que se conserva en dalgús sitos del galego-asturiano pra referirse a úa poza unde se deixaban os feixes de lin amolecendo pra despóis trabayalo y poder fer tela con él.

Pro xa me fun del asunto que quería tratar, qu’é falar del umeiro (Alnus glutinosa), esa especie que forma parte inseparable del paisaxe das veigas, cos sous árboles al son del río, ás veces xuntando a rama d’úa y d’outra veira hasta amañar un túnel. Núas terras con tan pouca arboleda autóctona como as da marina noroccidental, dá gusto ver ríos con umeiros nas ourelas. Podo recordar agora el Porcía, al altura del Alameda, ou outros máis pequenos como el da Ponteveya en Mántaras ou el d’Esteiro en Serantes. ¡Cóntas sestas nun se botarían á solombra d’un umeiro nos días d’herba seca, despóis d’úa mañá de trabayo y úa búa xanta nel prao!

El Río Porcía al pé del Alameda, na fronteira entre Tapia y El Franco, cos umeiros na veira amañando un túnel vexetal. (19/8/2022).

Da familia Betulaceae, igual qu’a bidureira (Betula pubescens), el umeiro ten un sistema de reices que lo afixan ben al tarrén, así qu’aguanta sin muito problema as enchentes dos ríos. É un árbol caducifolio, bon de reconocer, cuas súas foyas arredondiadas y as súas inflorescencias aporondando nas canas. Esta clas de flores del umeiro técnicamente chámanse amentos: os femininos son como piñas pequenas, primeiro verde claro y despóis de color escura, y os masculinos son largos, cilíndricos y poinse acolorazaos. As foyas novas del árbol son pegañosas y d’ei el epíteto específico del nome científico, glutinosa, qu’eso significa en latín.

A madera del umeiro é clara, anque, despóis de cortala, ferruyece y piya úa color acolorazada. Tamén se pon asina se s’enceta a paraza. Ese cambeo de color, talmente cuase como se sangrara, asocióuse tradicionalmente col idea d’úa maldición contra el árbol. Einda se sinte el ditame de «Umeiro maldito, arto bendito». El escritor Manuel Garrido Palacios recoyéu en Bual úa historia qu’esplicaba esa frase: dixérala nada menos qu’a Virxe María. Resulta qu’el arto aveiráralos mentres fuxían d’Herodes y nas súas espías quedara enganchao el manto de María condo ye cayera al río, mentres qu’el ruin del umeiro nun fixera miga por paralo cuas canas. D’ei a maldición al noso árbol.

Como el umeiro aguanta muito ben a humedanza, en carpinteiría a madera usábase pra fer pezas qu’iban tar en contacto col augua. Tamén con ela se fían galochas. Ademáis, Fernández Vior recoye el uso das foyas, pasadas primeiro pol lume, pra curar os malucos ou bieitas ‘ántrax’.

Amentos femininos del umeiro. Les Caldes (Uvieo) (3/5/2021).

El nome d’umeiro ta recoyido nos máis dos vocabularios de galego-asturiano: Acevedo y Fernández, Mántaras, A Roda, A Veiga, El Franco, Bual, Ponticella, y Castaedo y Monón. Nel d’Eilao aparece como omeiro, forma que me dixeron nese mesmo conceyo en Cachafol (Eilao) aparte d’umeiro. Xoán Babarro recoye umeiro en Sarandías (Bual). Eu teño datos inéditos d’umeiro de Tormaleo (Ibias), Grandas, Sanzo (Pezós), Rozadas (Bual), Paramios (A Veiga), Vilarín (Castripol), Serantes (Tapia), Arancedo (El Franco), Cartavio (Cuaña) y Andés (Navia). Nel vocabulario da Veiga recóyese en Vilameitide, Presno y Guiar outra denominación que coincide cua galega: amieiro. Efectivamente, esa forma dáse na parte del estremo occidental asturiano máis achegada a Galicia, como puiden constatar en Tremiado (A Veiga), El Mazonovo (Santalla), A Ovellariza (Vilanova) y Vilela (San Tiso). Tamén Babarro recoye esta variante en Millarado (Santalla). Hai un lugar santallés que se chama Os Amieiros, mentres qu’hai outro sito no Chao (San Tiso), Amaído (< *aminetu ou *amenetu), que sería un abondativo d’este árbol (igual qu’outros topónimos como Abraído, Zreixido ou Lourido lo son de cereixeiras, aveyaneiras ou loureiros). Queda un terceiro nome en galego-asturiano pral árbol que vén ser un cruce entre entrambos, umieiro, forma que constatéi en Penafonte (Grandas) y Carbueiro (Ibias).

Por se daquén xa lo pensóu, convén aclarar que, anque el árbol se día en sitos enchagozaos, na veira de ríos y lagúas, el sou nome nun ten miga que ver cua humedanza y muito menos col humo del casteyano, así que nun precisa ningún hache pr’adornar a palabra.

Fileira d’umeiros al pé del Río d’Esteiro al paso por Calambre, en Serantes (Tapia) (26/7/2022).

En galego chámase amieiro ou ameneiro, col -n- conservao, con variantes con -b- esplicables por confusión de bilabiales: abeneiro. Pro na punta máis nororiental d’Ourense, en Valdeorras, rexístrase a forma umeiro, resultao que tamén se dá nel Bierzo vecín y que sigue contra el sur por Cabreira y Seabra. Pra buscarye a etimoloxía al resultao galego, fálase d’úa orixe prerromana: Coromines propón un étimo *aminarius, quizáis parente del latín amnis ‘río’. Isidoro Millán, pola súa parte, esplica umeiro (< *umeriu) dende úa reiz hidronímica *um– que se dá en nomes de ríos como el Umia, mentres que pr’amieiro propón *ad-umineriu, derivao de *ad umina ’al pé del río’. Pro pinta máis fácil pensar nel latín ulmariu, derivao d’ulmum, el nome que ye daban en latín a outro árbol distinto, a lameira ‘Ulmus minor’. Ese ulmum é el étimo que ta detrás del casteyano olmo. Dende esa interpretación máis sinxela, García Arias entende qu’a forma galega viría d’un cruce d’ulmum y del nome que ye daban en latín al umeiro, alnus, máis el sufixo –ariu.

A palabra umeiro ten continuidá xeográfica cos conceyos de fala asturiana: os máis occidentales dicen umeiru, mentres qu’os centroorientales dicen umeru. Xa máis al oriente, dáse a denominación d’alisu. Testigos da forma occidental son topónimos como os dos lugares de Los Umeiros, en Outur (Valdés), ou El Val.le los Umeiros, en Bimeda (Cangas del Narcea). Pro nun é el único rastro que deixóu este árbol na toponimia asturiana: un abondativo umeral ou umedal ta detrás del nome da famosa praza xixonesa.

En casteyano chámase aliso, cuas variantes d’alisa y alisio, pro tamén recibe outros nomes dependendo das zonas y ás veces del contacto con outros dominios lingüísticos peninsulares: omero ou umero, vinagrera, pamblando, pantierno y hasta hai unde ye chaman abedul.

4 opinións sobre “Umeiro (Alnus glutinosa)

  1. Alberto

    Hai úa familia en Navia, a la que yes chaman “los de la UMEIRA”. Penséi topar algúa referencia nel entrada, peró xa vexo qu’el árbol nun ten xénero.

    Gústame

    Resposta
    1. Xose Miguel Suárez Fernández Autor/a do artigo

      ¡Qué casualidá! Precisamente falo d’úa muyer d’esta familia nel último post qu’escribín nel meu outro blog, comoauguadetorbon.com. Ese xénero feminino, da Umeira, pode que veña de que sería úa muyer a receptora d’un primeiro alcuño feminino. Pasa muito con nomes das casas. Ca el Mónico de Mántaras nun é porque houbera un home que se chamara Mónico, senón porque nun tempo el alcuño de Casa da Mónica pasaría a un fiyo ou al sou home, que lo heredaría, pro cambiando el xénero.

      Gústame

      Resposta
    1. Xose Miguel Suárez Fernández Autor/a do artigo

      ¡Nun se pode tar en todo! 🙂 Pral meu descargo, podo dicir que taba falando namáis de nomes d’entidades de población, pro, si, el dato que das é mui guapo. Nun hai muitas prayas que leven un árbol nel nome… Evidentemente, podemos poñer “umeiro” como dato das Figueiras, ¿ou? 😉

      Gústame

      Resposta

Deixa un comentario