Nabo bravo (Sinapis arvensis)

Un campo chen de nabos bravos en Mántaras (Tapia) (30/4/2016).

Hai úa poesía escrita en 1907 pol poeta tapiego Carlos Pérez Méndez titulada «A noite tradicional». Publiquéila nel 2003 na revista Entrambasauguas, qu’eu coordinaba daquela. Foi na sección El Houcha, unde iba rescatando literatura veya en galego-asturiano. A poesía cunta as tradicióis relacionadas cua noite de San Xuan y núa das estrofas, al falar del avezo de poñeryes ás mozas coronas de flores, diz: «Y non todas che ye enchen ben os oyos: / pois si son veyas, feas ou tarameixas, / os ramos que yes pon son de marfoyos, / restras d’ayo, carozos ou areixas». A composición manexaba un vocabulario antigo y había máis d’úa palabra desconocida pra min, entre elas aquelos ramos d’areixas. Nun seguín pescudando nel asunto hasta qu’aquel mesmo ano Conchita Álvarez Lebredo publicóu a súa «Pequena contribución léxica al galego-asturiano», con términos y acepcióis inéditas de Tapia. Alí taban as mías areixas, que resultaron ser el qu’en Mántaras sentira chamar nabos bravos (Sinapis arvensis). El vocabulario popular ten esas cousas: pode haber palabras qu’usan normalmente nun sito y que noutro, a poucos metros, desconocen. Pro, ás veces, se rascas, acabas atopando xente que las conoce: despóis de saber da palabra areixa, constatéila en Mántaras, nel Viso y en Casarego, lugares todos nos alredores de Tapia.

Trátase d’úa pranta ben conocida y exemplo claro d’especie ruderal, querse dicir, que sal ventureira en sitos mui alteriaos pol acción del ser humano. En cualquera terra de vaco ou en cualquera solar sin cuidar, alí aparece na primavera, erguendo hasta alredor d’un metro, botando muita rama y enchéndolo todo de marelo cuas súas florías. As foyas son lanceoladas y dentadas, pro hai muita variación de formas. De Sinapis arvensis sacábanse aplicacióis melecieiras, sobre todo pra fer cataplasmas, d’ei qu’a estos romedios yes chamen tamén sinapismos ou, por etimoloxía popular, sanapismos. A pesar d’esas propiedades búas, un contacto largo da pranta col peleyo pode provocar qu’este s’enrite.

Detalle da flor del nabo bravo. Mántaras (Tapia) (30/4/2016).

Úa raza mui achegada, Sinapis alba, é el que chaman en casteyano mostaza blanca, que cua súa semente, y tamén cua d’outras especies aparecidas como Brassica nigra (mostaza negra en casteyano), amáñase un prebe ben conocido pra botar ás hamburguesas.

Nun se m’ocurre d’únde poda vir a palabra areixa. Nos diccionarios galegos recóyese esa forma como úa variante de careixa ‘saltón, viermo da carne’. En galego-asturiano tamén se constatóu, ademáis da variante cadeixa que recoye Acevedo. Pro, se é qu’hai dalgúa relación entre a denominación igual del saltón y da pranta, nun atopo úa esplicación clara pra ese desprazamento de significao, agá que pensemos qu’a idea dos viermíos buligando na carne poda relacionarse cua sensación de picor ou enritamento que poda producir el contacto seguido das foyas col peleyo.

El nome estándar en casteyano pral nabo bravo é el de mostaza de campo ou mostaza silvestre. Tamén é verdá qu’hai muitos cruces de denominacióis porque hai un feixe de razas da familia Brassicaceae mui aparecidas, todas d’úa traza asomeñada y todas con florías marelas. Se os botánicos andan de cabeza pra identificar correctamente úas especies d’outras, normalmente gracias ás diferencias nos frutos maduros, é normal qu’a xente chame a todo ún ou acabe confundíndolas (se é que tían un nome popular distinto). Esa asomeñanza foi precisamente a que deu pé a que nacera el término de nabos bravos, porque a os oyos da xente serían como úa raza ventureira d’outra pranta, el nabo (Brassica rapa var. rapa), que se labraba pral gao y del que s’aprovetaban as foyas pra fer el caldo de rabas ou rabizas y, condo florecía, dos cimóis. Un mecanismo aparecido de denominación dáse nel nome de pesegueiro bravo (Polygonum persicaria) en contraposición al pesegueiro (Prunus persica), el árbol frutal.

Quizabes por pintar úa descripción sin máis y non un fitónimo feito y dereto, nabo bravo nun ta recoyido nos vocabularios dialectales de galego-asturiano (¡nin nel meu de Mántaras!). Pro podo dar fe de qu’así ye chaman en Vilela de Baixo (San Tiso d’Abres), Vilarín y As Campas (Castripol), Mántaras y A Roda (Tapia), Valdepares (El Franco), Vivedro (Cuaña), Andés (Navia) y Grandas.

Úa chanteira de Raphanus raphanistrum, conocido en galego como xaramago y qu’é asomeñao pra os oyos non avezaos al nabo bravo. Mántaras (Tapia) (30/4/2016).

Einda queda outra familia de denominacióis en xogo. Nel vocabulario d’Acevedo y Fernández de 1932 el segundo dos autores recoye a palabra xaramago, que define como ‘jaramago’. El vocabulario del Franco de José García, de 1983 y qu’ás veces vese que sigue demasiao al de Fernández, tamén lo define asina. É pouca axuda, porque en casteyano chámanye jaramago a úas contas prantas, as máis d’elas da familia Brassicaceae. Se botamos un oyo al galego, xaramago recóyelo el estudioso del s. XVIII Martín Sarmiento, que lo identifica como el nome popular del xénero Erysimum. Pola súa parte, os vocabularios especializaos de botánica en galego identifícanlo con dúas especies, Raphanus raphanistrum y Sisymbrium officinale, con variantes como saramago, zaramago y samargo. As tres prantas en xogo tein un aire aparecido y son todas da familia Brassicaceae, el qu’esplica esa polivalencia del nome. Tamén en portugués aveza a usarse saramago como a denominación popular de Raphanus raphanistrum.

Pois ben, en Serantes (Tapia), déronme el dato de qu’el que chaman nel vecín Casarego areixa alí é samárago. Evidentemente, a denominación é úa variante de xaramago, con úa despalatalización da consonante inicial a s-, úa metátesis ente -r- y -m- y un cambeo del acento, quizabes influido por úa esdrúxula como sámago ‘parte branda del tronco, debaxo da paraza’. Anque non necesariamente neste orde nin tan secuenciao, claro, a evolución puido ser esta: xaramago > saramago > samarago > samárago.

Como sempre, falta máis trabayo de campo con datos, anque a cada volta ta máis ruía de recopilar toda a riqueza del noso vocabulario. Os términos máis tradicionales da nosa lingua tán perdéndose ás carreiras, como esa areixa da que falaba el noso poeta.

2 opinións sobre “Nabo bravo (Sinapis arvensis)

  1. conchitaalvarezlebredo

    A palabra “areixa” pinta ter orixe prerromana, dunha posible forma *arasia. Dígolo porque hai topónimos y apellidos “Arasia” y “Arasía” nas zonas d’influencia vasca. A mesma raíz (aratz/arats) aparece noutros muitas formas onomásticas vascas con variantes distintas. Según el diccionario d’euskera significa: guapo, puro, brillante.

    Gústame

    Resposta
    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      El proceloso mar das etimoloxías prerromanas. 😉 Outra cousa é esplicar a motivación pra que s’aplicara a esa pranta y non a outras, pro quén sabe.
      Aparte, a min el que me chama el atención é a pouca estensión da denominación hoi y que nun teña “parentes” noutras linguas.

      Liked by 1 person

      Resposta

Deixa un comentario