Rinchín (Coccinella septempunctata)

Rinchín nun prao nel Cristo (Uvieo).

Hai poucos bichíos tan queridos por todo el mundo como el rinchín (Coccinella septempunctata). A feitura y colorido d’este insecto coleóptero fainlo inconfundible. Ten dous élitros encarnaos ou anaranxaos que fain de defensa pras outras alas que tán debaxo y, claro ta, pral sou corpín. Pro el máis chamadeiro son as pencas mouras que destacan nel colorao: tres en cada élitro y outra nel medio dos dous, al pé da cabeza. El nome de xénero da especie (coccinella) é un diminutivo del latín coccinu ‘colorao’ y el epíteto (septempunctata) quer dicir que ten sete puntos. A traducción sería ‘a coloradía dos sete puntos’.

É bichín respetao popularmente y tense como animal sagrao, polo que nun hai que ferye mal. Y esto é asina, por exemplo, en toda Europa, como se ve nas súas denominacióis, dende el ladybird inglés (‘páxaro da Virxe’) hasta el petit vache de Dieu francés (‘vaquía de Dios’), pasando pol vacheta de la Madona italiano (‘vaquía da Virxe’) ou el galinha de Nossa Senhora portugués (‘galía da Nosa Señora’). Tamén hai en toda Europa conxuros pra ferye engalar y pra perguntarye, entre outras cousas, pol casamento ou pol tempo que vai fer. Pode qu’agora os máis novos nun lo sepan, pro os máis veyos aprendémos dende sempre a pousar derriba da mao el rinchín y deixarye qu’ande hasta que bote a engalar. Ás veces hasta podes axudar asoprándoye un pouco.

De seguro que terá que ver ese aprecio pol rinchín el feito de que sía un golitrón condo se trata de comer pulgóis y que polo tanto a súa presencia sía beneficiosa prá labranza. Hasta se ten introducido en países unde nun se daba pra usalo como arma biolóxica na defensa dos cultivos. É posible atopar un rinchín y velo cuas patas encoyidas y sin moverse, como se morrese. Y é que, ás veces, se se sinte en peligro, pode ferse el morto y hasta botar úa sustancia amarelada que torna dalgús dos sous depredadores.

Os nomes que ye damos en galego-asturiano al coleóptero tein en común os máis d’elos el feito de levar diminutivos, cousa esplicable polo pequenín qu’é, pro, sobre todo, pol matiz afectivo que ye dá el sufixo a este bichín tan apreciao. Tamén é chamadeiro el feito de que nun mesmo sito poda usarse indistintamente máis d’úa denominación (por exemplo, en Mántaras recoyín tres xeitos diferentes de chamarye) y qu’as máis xenerales tían estendidas por undequera, sin amañar zonas claras. Presento os datos bibliográficos, que son abondos, completaos cos qu’eu fun recoyendo nestos anos.

Un primeiro tipo de nome é el que parte da palabra rei, concepto que de sou por si xa implica ese trato de respeto col que miran el insecto en tantas culturas. Déronme a forma rei en Bustapena (Vilanova d’Ozcos), Santalla y Nogueira (Taramunde). En Santalla pergúntanye al bichín pol casamento. Dícenye: «Rei, rei, rei, ¿pra únde me casaréi?». Pode que sía úa versión recortada da que me dixeron en Taramunde, unde aprovetan pra ferye máis perguntas: «Rei, rei, ¿casaréi? ¿Cántos anos viviréi? ¿Vintecinco? Eu nuno sei». Jesús Suárez López, nel sou libro Fórmulas mágicas de la tradición oral asturiana. Invocaciones, ensalmos, conjuros, recoye a partir de bibliografía y trabayo de campo muitas das rimas que se ye dicen al rinchín en Asturias. Da nosa zona dá úa ben interesante: «Rei, rei, dime pr’hacia únde me casaréi. Se nun mo dices, cápote con úa gaxola veya qu’encontréi». El estudioso galego Fermín Bouza-Brey tamén xuntóu, nun artículo mui largo y documentao de 1950, os nomes del rinchín en Asturias y el sou folclore, relacionándolos cos das zonas vecías. Y dá muitos datos que ye foron mandando da zona Navia-Eo. Entre elos, el de rei en Santa Colomba (Ayande) y Eirías (Eilao).

Da repetición del nome nel conxuro acabóu nacendo outra denominación: reirréi. Dixéronma en Vilela (San Tiso d’Abres), conceyo unde tamén la recoyéu Antonio Riera nun estudio publicao en 1950 sobre os nomes del rinchín en España. Na Veiga, rexistráronla Xoán Babarro en Paramios y José Antonio Fernández Vior en Abres.

Rinchín á busca de pulgón núa ortiga. Brañanoceo (Mieres).

De poñer diminutivos á reiz rei– pintan vir outras denominacióis pral bichín que se dan en galego-asturiano. A forma reinín dáse de leste a oeste: ta recoyida nel vocabulario de Mántaras y na encuesta del Atlas Lingüístico da Península Ibérica (ALPI) en Salgueiras (Vilanova d’Ozcos), pro tamén ma dixeron en Casarego (Tapia), Obanza (Castripol) y en Santalla. En Vilarín (Castripol), a fórmula que se recita, ademáis de perguntar pol casamento («Reinin, reinín, se me caso a únde iréi, pr’aquí, pr’alí ou prá veira del mar»), pide a súa intercesión pra qu’el padrín traiga comida («Reinín, reinín, vai dicirye al meu padrín que me dían pan y toucín»). Nel Monte, na parroquia naviega d’Anlleo, el favor que se ye pide é trer bon día: «Reinín, reinín, vei al cielo ya diye a tou padrín que mañá faiga solín». Xoán Babarro recoye a mesma denominación de reinín nel Villar de Buyaso (Eilao), Millarado (Santalla d’Ozcos) y Bres (Taramunde). Bouza-Brey dá un dato en Sampol (Bual).

Tamén temos formas como reinía, qu’amecen un diminutivo al sustantivo feminino reina. Recóyelo Xoán Babarro en Zadamoño (Eilao) y tamén mo dixeron a min nel mesmo conceyo, en Cachafol, unde s’amaña de manter a rima cantando «Reinía, reinía, vei diciye a tou padrín y a túa madría que mañá faga bon día». Aparte, déronme outro dato de reinía de Fontescavadas (Bual). Al nome pódenye amecer el complemento de Dios, como vimos que pasa noutras linguas. Así mo dixeron na Ovellariza (Vilanova d’Ozcos).

A forma reichín tamén é mui usada. Ese –ch– pode interpretarse como parte del sufixo diminutivo ou ben tratarse d’outra reiz diferente, reich-, que nun conozo en galego-asturiano máis que pral nome d’un páxaro, reicha ou reichín (Erithacus rubecula, máis conocido como paporrubio), anque ben podía ser neste caso úa palabra d’orixe onomatopéyica arromendando el piar. A consideración popular de respeto y cariño qu’hai hacía esta especie d’ave puido levar a chamarye igual qu’el insecto, ou puido el camín ser al rovés y ser el páxaro el que ye emprestóu el nome al insecto, axudao el proceso pol asomeñanza entre as palabras reichín y reinín. A denominación de reichín pral coleóptero recóyenla os vocabularios de Mántaras, A Veiga, El Franco, y Acevedo y Fernández. Son estos estudiosos os qu’apuntan el conxuro «Reichín, reichín, vai decir a tou padrín que mañá nos traiga un bon día de solín». Bouza-Brey dá tamén a forma reichín na Braña (El Franco), Candosa y Tol (Castripol), Tapia, Santo Miyao y Samartín del Valledor (Ayande), y A Veiga, vila unde alterna cua forma reicho («Reicho, reicho, abre as alas y vaite pral cielo»). Nas encuestas del ALPI recóyese nas Campas (Castripol) y en Bual. Aparte, eu tamén recoyín a palabra reichín nas Campas y As Figueiras (Castripol), na vila da Veiga y en Serantes (Tapia). Neste mesmo conceyo, en Salave dixéronme a fórmula «Reichín, reichín, vai dicir a tou padrín que mañá nos traiga un día de bon solín» y en Porcía, «Reichín, reichín, sube al cielo y diye a tou padrín que mañá faga bon solín». En Rozadas (Bual), nun pedían sol, senón que namáis perguntaban se lo iba haber: «Reichín, reichón, vei dicirye a tou padrín se mañá fai sol ou non». En San Xuyán (El Franco), pedíanye roupa: «Reichín, reichín, vai ver al tou padrín, que che faga un camisín».

Outra denominación en galego-asturiano pinta partir da palabra rancho ‘cocho pequeno’, con variantes diminutivas tanto en masculino como en feminino (ranchín, ranchía) y hasta úa, ranchelía, unde se superpóin dous diminitivos, ún d’elos (-ela) que xa nun é productivo na fala actual, el que supón un argumento pra considerala úa forma veya (rancho + ela > ranchela + ía > ranchelía). A forma ranchín ta recoyida por María del Carmen García nel sou Literatura de tradición oral en Presno («Ranchín, ranchín, vai á casa de tou padrín, comendo pan y toucín» ou «que che dé pan y toucín») y por Manuel Álvarez Rico nun artículo sobre el folklore en Ayande, unde dá a fórmula que dicen en Samartín del Valledor: «Ranchín, ranchín, vei decir a tou padrín que mañá faiga solín». Bouza-Brey dá el dato na vila de Castripol, con este dito ben orixinal: «Ranchín, ranchín, abre as alas pral molín». Tamén me deron el dato de ranchín na vila de Castripol, y nel Trobo y nel Valín, nel mesmo conceyo. Xoán Babarro recoye a forma feminina, ranchía, en Pelóu (Grandas). Eu apuntéila nel mesmo conceyo, anque col amecedura de de Dios, en Castro. Con ese mesmo complemento, anque apegao á forma ranchelía, chámanye al insecto en Penafonte (Grandas), al que ye piden ademáis un labor de contabilidá: «Ranchelía de Dios, cúntame os didos y vaite con Dios». É fórmula que se dá tamén, según recoye Bouza-Brey, en todo el metá sur de Galicia y en Asturias.

Anque costa caro escoyer a forma máis usada en galego-asturiano, a denominación que constatéi en máis conceyos, ademáis de reinín, é a de rinchín. Pode que se trate d’un cruce entre reichín y ranchín, se nun tán tamén involucradas outras palabras usuales como rincho, rinchar, etc. Aparte da encuesta feita en Freal (Navia) pral ALPI, recoyen a forma os vocabularios de Mántaras, A Roda («Rinchín, garrafín, vai decir a tou padrín que mañá haxa bon solín »), Bual («Rinchín, rinchín, vei decirye a tou padrín que mañá faiga bon solín»), Ponticella («Rinchín, rinchín, vei deciye a tou padrín que mañá faiga solín») y El Franco. Xoán Babarro recoyéula en Tol y Obanza (Castripol) y en Sarzol (Eilao). Bouza-Brey dá noticia da palabra en San Xuan (El Franco), Andés (Navia), Sarandías y Bual (Bual), El Vidural y Arbón (Villayón) («Rinchín, rinchín, vei decir a tou padrín que mañá y pasáu faiga bon día de solín») y Matafoyada (Tapia). Tamén me deron esta forma nas Campas (Castripol), Serantes (Tapia), Vivedro, Trelles y Xarrio (Cuaña) y en Andés y Navia. En Valdepares (El Franco) cuntáronme úa fórmula ben guapa: «Rinchín, rinchín, vai á casa de tou padrín: que te vista, que te calce, que che poña os calcetos qu’el outro día che din». Tamén é chocante a qu’apuntéi en Mántaras: «Rinchín, fun al cielo y nun volvín y encontréin a meu padrín comendo pan y toucín. Y pedínye un bocadín y deume col palanquín. Y pedínye un bocadón y deume col palancón». En Lloza (Cuaña) dixéronme rinchín de Dios. Bouza-Brey tamén recoye a forma rincho en San Xuan (El Franco), que, como el xa visto reicho, pinta ser úa reconstrucción a partir da forma diminutiva. Úa denominación que cruza reichín y rinchín é reinchín, palabra que ta rexistrada nel vocabulario de Bual.

Hai un xeito de chamarye, arín, que namáis constatéi en Ortigueira (Cuaña): «Arín, arín del perriquichín, vei buscar al tou padrín, pa que mañá faga bon solín» ou «vei dicirye al tou padrín que mañá vei fer un bon solín». Ocúrreseme que, xa que nel nome se fain tantas comparanzas con animales (con vacas, cais, páxaros, galías…), ¿poderá tratarse d’un diminutivo d’aro, qu’é como ye chaman neste lugar pixoto a dalgúas especies d’álcidos como Alca torda, Uria aalge ou Fratercula arctica? Trátase d’aves marías que recordan de dalgún xeito a os pingüíos, así qu’a súa traza simpática puido favorecer el empréstamo, col diminutivo correspondente, pra chamar al insecto.

Tamén é diferente del todo el nome que ye dan en Tormaleo (Ibias): arzolín. Recóyelo Xoán Babarro y tamén me deron el dato en Fandovila, na mesma parroquia. Pode qu’a orixe da palabra nun teña que ver cua malura que sal nel oyo, senón que sía úa confusión a partir de marzolín, qu’é como ye chaman por exemplo na Estierna, nel mesmo conceyo, pro xa na zona de fala asturiana. El nome viría del mes de marzo, condo cua primavera empeza a verse el bichín.

Condo el rinchín sinte peligro, faise el morto y bota úa sustancia amarelada que torna a dalgús dos sous depredadores. Núa campela nel Aramo (Riosa).

El estudioso galego Bouza-Brey, nel sou artículo, recoye outros nomes máis. Dalgús casteyanizaos, como angelín, en Meiro (Cuaña). Tamén de Cuaña, en Xarrio, dá noticia da forma andarín, que pode ter relación col feito de poñelo a andar na mao hasta qu’engale ou ben col andolía (‘Hirundo rustica’, ‘Delichon urbicum’), páxaro qu’en asturiano tamén chaman andarina. Hai que reparar en qu’al rinchín en asturiano tamén ye chaman andarina de Dios, núa relación máis entre el nome del noso bichín y el de páxaros queridos ou respetaos. Tamén Bouza-Brey dá el dato ayandés de carrachín de Dios, en Monón («Carrachín de Dios, abre as alas y veite con Dios»). El vocabulario de Monón y Castaedo, de Marcelino Lozano, publicao nel 2014, recoye a palabra carrachín y hasta el dito «Carrachín, carrachín, vei deciye a tou padrín que mañá faga solín», pro xa nun lo relaciona col noso rinchín, senón col sou uso como apelativo cariñoso pra falar cos nenos pequenos. É un proceso qu’aveza a darse: esquéicese el acepción orixinal y acaba usándose namáis outra acepción derivada da primeira. Tamén en Ayande, en Berducedo, Bouza-Brey apunta a forma paxaría de Dios, que tamén ye dan como propia de Matafoyada (Tapia), unde alterna con rinchín. D’este mesmo xeito é el nome de paxarilía de Dios que recoye a encuesta del ALPI feita en Cuantas (Ibias). Nestos casos tamos delantre d’un cruce entre úa das denominacióis en galego-asturiano da paxarela y a del noso coleóptero.

Os nomes propios del galego-asturiano adéntranse tamén pola veira del asturiano occidental. El vocabulario de Tox (Navia) recoye reichín, forma que tamén constata el de Vigu y Santa Marina, nel mesmo conceyo, cua variante de reichu. Xoán Babarro recoye reizulín (outra vez úa mezcra de formas: rei y arzolín) na L.liera (Villayón) y reinín na Rebol.losa (Villayón) y El Rebollu (Ayande). Tamén recoye paparachín en Busmente (Villayón), ben sei qu’un error por paparrachín, forma que recoye el ALPI na escuesta feita alí. Tamén Bouza-Brey constata formas como reina en Paredes (Valdés) y reinín en Barcia y Trevías (Valdés) ou en Bourres (Tinéu). Son propias del occidente de fala asturiana, ademáis das xa ditas, outras como rei, reisol, refisol… Pro hai máis nel resto d’Asturias: andarina de Dios, anina de Dios, anxelín del cielu, caracol de Dios, caracol de San Xuan, caracolín de Dios, catasol, catalina, catalinina, catalinina de Dios, cataxina, cogollín del rei, corderín, costudera, cuspitina, nanina, nina de San Antón, paxarina de Dios, palombina de Dious, perrín de Dios («Perrín de Dios, cuéntame los deos y vete con Dios»), perrina de Dios («Perrina de Dios, abri les ales y vete con Dios»), perrín de San Roque, pirina, pirina de Dios, pitina de Dios, pollarina de Dios, santina, tarralina de Dios, vacallorina, vaquina de Dios, zapaterina de Dios

En galego son muitos os xeitos de chamarye, ás veces relacionaos col nome de Xuana (bixaniño, xoana, xoano, xoaniña, xoanitiña): «Xoaniña, voa, voa, que teu pai está en Lisboa e túa nai está na cama a comer pan e cebola»; ás veces cruzándose cos nomes galegos da paxarela (avelaira, avelairiña, subeliña, paxariña, polvoretiña de Dios); ás veces dándoye poderes d’adivía (adiviñón, deviñón, sabiñón): «Adiviña, adiviñón, se mañá hai sol ou non». Tamén se dan denominacióis relacionadas col rei (rei, rei-rei, renrén, casarrei) y outras que tein que ver cos sous poderes teóricos de saber se vai haber sol (pitasol, patisol, catasol, papasol): «Papasol, papasol, vai e dille ó teu señor que traiga cincuenta días de sol». Pro hai máis nomes: caiota, costureiriña de Dios, penoniña, rosiña, barrusiña, barrusiño, pitarrúa… Bouza-Brey estrema dúas zonas: úa nel metá norte unde predominan as formas rei ou ren y outra pral sur que sigue contra Portugal unde mandan as formas relacionadas con xoana. Na veira máis achegada a Asturias, na Ribeira de Piquín, tamén ye chaman reichín.

Nun ten qu’estrañarnos toda esta variedá. Anque nel casteyano dos libros ye chamen al noso bichín mariquita ou vaquita de Dios, tamén hai un nome en cada sito. Un exemplo: José Manuel Fraile, namáis na provincia de Madrid, recoye, ademáis das xa ditas, estas outras denominacióis populares: abejita, antoñito, becerrita, capillita, coca, coquita, gatita, juanita, mariposa, mariquita ciega, mariquita de san Juan, palomita, pastorcillo, San Antón, San Blas y zapatera. Como se pode ver, as motivacióis y tipos son aparecidos a os que se viron na nosa lingua y nas vecías, y queda claro que conviven muitos nomes en territorios ben pequenos.

7 opinións sobre “Rinchín (Coccinella septempunctata)

  1. Alberto

    Algús datos que teño recoyidos nel conceyo de Villayón: Villartoréi “rinchín”, Villayón “carrasquín” y tamén “rinchín”, Busmente “paparrachín”.

    Chocárame abondo, que los nenos de zona vaqueira (qu’eran los que más pureza tían al falar) chamábanye como en castellano.

    Gústame

    Resposta
    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      Pois, mira, xa me suaba raro el dato de paparachín de Busmente que dá Xoán Babarro. Debe ser úa errata ou úa mala trescripción.
      [Amezo aquí que despóis vin que na encuesta del ALPI feita en Busmente tamén recoyen paparrachín]

      Gústame

      Resposta
  2. Emma Méndez

    En Cartavio (Cuaña) chamámosye “rinchín” y el dito é: “Rinchín de Dios, abre as alas y veite pra con Dios”. El que sigue “…fun al cielo y nun volvín…” a mín enseñáronmo como “Padre nuestro piquinín” pra enredar coas maos.

    Gústame

    Resposta
    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      Nun é incompatible que podese ser as dúas cousas. Se reparas na fórmula, ten todos os elementos d’outras que se dicen al rinchín (el padrín, el toucín, ir al célo…). É normal que se reaproveten rimas infantiles ou que perdan os significaos ou as funcióis orixinales. Y nun hai qu’esqueicer a relación del rinchín col feito de cuntar os didos…

      Gústame

      Resposta
    1. Dennisss

      Esqueicín poñer “papasolín” como tamén puxeches, recollido en Dragonte 🙂
      “papasolín de Dios, cúntame os dedos e marcha pa Dios”. pero eu nunca o sentín.

      Gústame

      Resposta

Deixa un comentario