Xestra (Cytisus spp.)

Flores de xestra. Mántaras (Tapia) (6/5/2017).

A xestra ou xesta (Cytisus spp.) é d’esas prantas que forman parte del paisaxe del noso occidente y ás que, como a muitas outras, na sociedá rural sacábaseyes toda a rendedeira posible. Anque é especie del monte, coyíase a súa nabía y semábase, por exemplo, pra zarrar con sebe. Como pasaba col toxo (Ulex spp.), tamén se mulían con xestras camíos y corradas pr’amañar cuito. Con us ramayos de xestras podíase fer nel monte un bon aveiro pra tornar el augua ou el sol se se taba cavando, al herba ou alindando. Con elas fíanse barredoiros y einda hoi os barrendeiros dos servicios municipales de limpeza usan as xestras secas, qu’amarran ben fito elos mesmos con alambre. Tamén con xestras se cubren cabanas y horros en Somiedu y Teberga, os famosos teitos. Son ademáis búas de ver nas autovías porque avezan a prantarse pra reter a terra nos ribóis das veiras y condo tán floridas amañan un estoupido marelo espectacular que contrasta col verde intenso da pranta.

Son úas contas as especies d’este xénero que se dan na zona estremooccidental d’Asturias (Cytisus scoparius, C. striatus, C. cantabricus…) y d’ei qu’a identificación del nome popular cua que s’encabeza sía a xeneral: Cytisus spp. Son todas das flores marelas, anque hai úa especie, C. multifloris, das flores brancas, y outra, C. Commutatus, das flores de color crema y marelo. Ben sei qu’a esas coloracióis diferentes correspondan as denominacióis populares de xesta brancal (ou xesta branca) y xesta moural, anque nun voléi en identificacióis esactas. El xénero Cytisus é da familia Fabaceae y, polo tanto, bota us babuyos mui chamadeiros, peludos, unde ta a semente. Y, claro ta, el que máis chama é a flor, típica d’esta familia, con cinco pétalos: el grande de riba (el estandarte), dous nel medio (as alas) y debaxo outros dous qu’amañan a quilla. É da feitura da flor del toxo (Ulex spp.), que por algo é tamén da familia das fabáceas.

De traza mui aparecida á xestra é a Genista florida, úa especie del xénero Genista que nun ten espías. Tamén ten as flores marelas y os babuyos d’ese xeito tan característico, anque a pranta medra máis. Tanto en Galicia como nel occidente asturiano, por causa del asomeñanza das prantas, avezan a confundirse os nomes populares de Genista florida y das especies de Cytisus. D’ei qu’en muitos sitos s’use a mesma denominación pra todos. Tamén pasará eso seguramente en galego-asturiano, anque en Tormaleo (Ibias) déronme el dato de qu’estreman ben a xesta del piorno, qu’é como ye chaman a Genista florida. Tamén nel vocabulario de Monón y Castaedo (Ayande) describen el piorno como úa pranta distinta da xestra, anque nun queda claro se é Genista ou Cytisus multiflorus (porque diz que ten a flor branca, col que taríamos con outro caso d’uso dos dous términos pral mesmo xénero). En Somiedu y Teberga, unde einda s’usan esas especies pra os teitos, estrémanlas tamén, anque a Cytisus scoparius allí chámanye escoba. Polas súas canas máis deretas y alargadas é máis al xeito pra teitar qu’el piornu. Na mesma toponimia nosa hai sitos como Piorno (Santalla d’Ozcos) ou Xestoso (Vilanova d’Ozcos), que nos falan d’un tempo en que noutras zonas del Navia-eo tamén taría viva esa distinción entre piorno y xestra.

Prantas de xestra en flor al pé da Pontrabiza, en Mántaras (Tapia) (6/5/2017).

A forma xestra, con -r-, é privativa del galego-asturiano, porque a variante xesta, que tamén s’usa en búa parte da nosa terra, é forma común col galego. A palabra xestra ta recoyida nos vocabularios de Mántaras, A Roda, El Franco y nun vocabulario pixoto das Figueiras. Nel vocabulario d’Acevedo y Fernández danla como propia de Bual. Pérez de Castro, nas súas contribucióis léxicas al galego-asturiano, recóyela en Castripol. Na parte máis occidental y nel sur del Navia-Eo, el que se rexistra nos vocabularios é a forma xesta: nos da Veiga, Bual, Eilao, y Castaedo y Monón (Ayande); nel d’Acevedo y Fernández recoyen esta variante como de Castripol. Na veira máis oriental, na parroquia de Ponticella (Villayón), rexístrase a forma trisílaba xiesta.

Outros datos inéditos qu’eu recoyín macizan un pouco máis esas dúas (ou tres) zonas: xestra na Barrosa y Serantes (Tapia), Villarín y Valdepares (El Franco), Vivedro (Cuaña) y As Campas (Castripol). Y xesta, en Vilarín (Castripol), Salcedo y A Ovellariza (Vilanova d’Ozcos), Santalla, Ouria (Taramunde), Corondeño (Ayande), y Mourentán, Santolín y Tormaleo (Ibias). Nas encuestacióis del ETLEN tamén se recoyéu a forma xesta en Cecos y Fanduvila (Ibias). Aparte, en Corondeño déronme outro sinónimo: xesteira, derivao típico col sufixo –eira que xa se víu en máis nomes de prantas. Apurro un dato máis qu’é ben chamadeiro: en Poxos, na parroquia de Ponticella (Villayón), dánse as variantes xiẽsta y xeẽsta, con úa nasalidá na vocal tónica recordo da perda del -n-. É este un fenómeno que constatamos nel curso das investigacióis del ETLEN y que tamén puiden sentir en Villarín (El Franco) (solã, toucĩos, espiãzo…). Nestas zonas de fronteira, y máis en Villayón, pode tar falándonos de qu’a cayida del -n- nun é tan veya como noutras partes. A proba é que nos llugares naviegos del Monte (Anlleo) y Villouril (Piñeira), que tán na parte unde se fala galego-asturiano y que, polo tanto, nel sou vocabulario patrimonial perden normalmente el -n- (campá, llongaíza, gallía…), recoyín pral noso xénero botánico namáis a forma col -n- conservao: xinestra.

Os xeitos populares de chamarye en galego-asturiano vein del latín clásico genista ‘xestra’, a partir de formas latinas posteriores como genesta ou genestra. Da perda del –n– resultóu a forma final xestra ou xesta, con esas outras variantes xa ditas qu’amostran estadios d’evolución intermedios (xiẽsta, xeẽsta, xiesta) y cua posibilidá de derivaos posteriores: xesteira.

En Monón y Castaedo (Ayande) chaman xestal a un sito con xestras, bon pra moscar as vacas. Y en Ouria (Taramunde) chámanye xesteira. Pro, anque nun haxa muitos datos sobre abondativos d’esta pranta nel vocabulario vivo, si los hai na nosa toponimia, que sempre é un espeyo unde ver fases veyas da lingua que se perderon na fala actual. Ei temos el lugar xa dito de Xestoso (Grandas, Vilanova d’Ozcos) y tamén el de Xestoselo (Grandas), que nos falan d’un sito con muita xesta y d’outro sito, tamén xestoso, máis pequeno, col sufixo diminutivo –elo.

Babuyos de xestra subindo dende Busloñe (Morcín), chegando a Viapará (3/7/2016).

Del verdor da pranta dá fe a comparanza común en galego-asturiano de verde como a xestra ou como as xestas, máis ben referida al acepción de ‘sin madurecer’: Esas mazás tán verdes como a xestra. Nese matiz emparenta cua comparanza que s’usa en galego: amargo como as xestas.

Se seguimos el camín contra el leste que leva de xestra ás formas naviegas de xinestra, atopámonos con que na parte dos conceyos de Navia y Villayón que fala asturiano occidental, y tamén en Valdés y Tinéu, usan a palabra xiniestra (equivalente, diptongao y con -n-, á nosa xestra, que pronunciamos con è aberto). Este resultao esténdese muito pol asturiano occidental, anque hai zonas unde convive cuas variantes xinesta y xiniesta. Outras denominacióis nesta lingua son as xa ditas de piornu y escoba, ademáis d’outras como codoxu ou gromu.

En galego, el xéneru Cytisus recibe el nome popular xeneral de xesta (cua variante xesteira). A pesar de muitos datos contradictorios, pinta que chaman xesta branca ás especies das flores brancas y negral, negra ou rubia á das flores marelas. Y, dentro d’estas últimas, xesta molar, marela, mansa ou de vasoiras a Cytisus scoparius. Outras denominacióis galegas pra este xénero son as de codeso y piorno.

A forma popular máis usada na literatura botánica en casteyano é a de retama negra, pra estremala da retama blanca (Genista florida). Pro hai outras denominacióis nel casteyano dialectal irmás das xa vistas, como codeja, escoba, escoba bermeja, escoba rubial, hiniesta ou hiniestra.

 

11 opinións sobre “Xestra (Cytisus spp.)

  1. F.

    Nel Valledor, polo menos en Vilanova, que xa sabemos “la asombrosa y rica variedad de terminología en la zona”, é xesta.
    Cambiando a la toponimia, Fanduvila (Ibias) llamóme l’atención, que coincide dalgo cola otra forma de dicir Fonduveigas que-y sentí a una muyer de L.larón, Fanduveigas.

    Gústame

    Resposta
  2. Moncho

    Chócoume lo que me pasóu hoi con mía madre y mía tía, pixotas de toda a vida. Nun yes suaba muito a planta (aunque la conocian por el uso pra faer escobas), a verdá é que nas Figueiras lo que había eran toxos y nun deixa de ter a súa lóxica quel paso del tempo nos faga esqueicer algún recordo.
    Pro si tian muy claro (y eu tamén porque é úa espresión que oin na mía casa lamar de veces) que as peras as veces tan verdes como xestras.
    Imaxino qu’ha ser un fenómeno máis estendido del que penso pro era a primeira vez que nos dabamos conta dúa manera tan directa.

    Gústame

    Resposta
    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      Por eso la comento na entrada, porque é chocante a comparanza. De momento, nel noso occidente xa teño datos del sou uso nel Franco, Tapia, Castripol y Vilanova d’Ozcos.

      Gústame

      Resposta
  3. conchitaalvarezlebredo

    En Tapia (vila) chamámosye xestra. Hai unha comparación típica que se dice (ou decía) muitísimo: “verde como a xestra” ou “máis verde que a xestra”, aplicada, por exemplo, á fruta que nun hai quen la coma porque ye falta muito por madurecer.
    Muitas gracias por toda a información. Pareceume mui interesante. Nun asociaba el ‘codeso’ y el ‘piorno’ cua mesma pranta. En Galicia hai muito apellido ‘Codesido’ y ‘Gestal’. Tamén el topónimo Piornedo. Resulta que todo fía referencia á xestra. ¡Qué guapo!

    Gústame

    Resposta
    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      Si, esa comparanza coméntola na entrada. Chocóume porque vin qu’en galego hai un uso aparecido pral sabor amargo, y al viño qu’amarga porque nun ta feito del todo dizse que ta na xesta.
      Eso de piorno, como esplico na entrada d’un xeito un pouco arrevesao ;-), debéu designar en orixe a especie Genista florida, pro, pola asomeñanza das prantas, acabóu confundíndose y usándose indistintamente.

      Gústame

      Resposta
    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      Gracias, Emma. Apunto el dato. Si, eso d’escoba ten pinta de ser cousa moderna, porque pra chamar al barredoiro debéu chegar a través del producto comercializao nas tendas. Y en Asturias, pra chamar á xestra, escoba namáis ta constatao en dalgús conceyos fronteirizos con Lión (como Somiedu y Teberga, por exemplo).

      Gústame

      Resposta

Deixa un comentario