Toyemerendas (Crocus serotinus)

Toyemerendas nun prao da Malena (Morcín) (21/10/2012).

Condo ta chegando el outono, os sitos pacidos pol gao énchense de pintías moradas. Son as flores dos toyemerendas (Crocus serotinus) asomando entre el herba. Precisamente condo col frío as máis das flores empezan a deixar de verse, que xa madureceron y remataron el ciclo reproductivo, a del toyemerendas empeza a salir en praos y veiras dos montes. Desque perde a flor, a pranta sigue ei hasta a primavera, pra empezar a repousar nel brao hasta que floreza nel outono outra vez. El epíteto serotinus ‘serodo, de madurez tardía’ recórdanos precisamente esa época de floración, nel outono, estación qu’en asturiano chaman seronda ou seruenda.

Aparte del toque entre azulao y morao das foyas, chaman el atención os sous órganos reproductores, d’úa color marela ou anaraxada ben viva, cos estigmas (os estremos del pistilo, el órgano reproductor feminino) sobresalindo abertos en tres ramías y cos tres estames dalgadíos alredor (que son os órganos reproductores masculinos). Esa color y esa feitura fain qu’a xente identifique a pranta como úa raza brava del azafrán, y é verdá. A variedá cultivada da que se saca el azafrán qu’usamos na cocía é Crocus sativus, introducido polos árabes na península ibérica. Os sous estigmas, desque se secan, son os que s’usan pra dar sabor y color a muitas comidas.

Hai outra especie ben aparecida al toyemerendas, con diferencias ruías d’estremar pra os que nun tamos adoitos, Crocus nudiflorus, propio das zonas montunas del norte peninsular. Tamén se pode confundir núa primeira oyuada con outras especies asomeñadas tanto nel tipo d’hábitat como nel época del ano en que florecen como Merendera montana ou Colchicum autumnale. Cua primeira especie é búa de ver a diferencia porque nace arrentes del tarrén, mentres qu’el toyemerendas ten rabo. Cua segunda, tamén, que ten os órganos reproductores ben diferentes, con seis estames y tres estilos que nun se ramifican.

Peteiro de toyemerendas nun ribón al pé del camín en Les Caldes (Uvieo) (30/10/2016).

A pranta é ben guapa y chamadeira, tanto como lo é el sou nome popular de toyemerendas. A esplicación que todo el mundo dá, y que tamén me deron a min condo perguntéi á xente, é qu’a flor empeza a salir condo menguan os días: nun había tempo de merendar porque escurecía axina y xa se ciaba pra ir prá cama. El resume é qu’a merenda toyíala, estropiábala. É un verbo mui noso este de toyer. Ten el sentido de ‘estropiar, poñer en mal estao, en malas condicióis’ y pode toyerse a terra, el leite, a comida, el ordenador ou el móbil. Prá montaña, col mesmo significao usan tamén el verbo derramar. Eso de toyer a merenda col sentido de ‘chafar un asunto, úa situación’ é úa espresión usada en galego-asturiano qu’eu alomenos apuntéi en Armal (Bual). El vocabulario d’Acevedo y Fernández, el de Bual y el da Veiga recoyen el adxetivo toyemerendas pra calificar a daquén que chafa un plan ou acaba col bon ambiente qu’había núa reunión.

El nome de toyemerendas prá pranta aparece nos vocabularios del Couz (Villayón), de Bual, y de Monón y Castaedo (Ayande), pro non nos vocabularios de puntos máis al norte, na marina (cousa que me choca ben porque é úa pranta que se dá dende el nivel del mar hasta el monte). Eu recoyín a forma toyemerendas en Vior, A Grandela y Obanza, todos lugares da parroquia de Balmonte (Castripol), en Valentín (Cuaña), en Molexón (A Veiga) y en Arancedo, As Cabornas, Romeye, El Caroceiro, El Chao das Trabas, San Xuyán, Villar y Llobredo, todos del Franco. Tamén en Balmonte (Castripol), nel lugar de Vilarín, dixéronme a variante toyasmerendas.

Cua mesma idea d’acabar cuas merendas ta a forma quitasmerendas, qu’ougüín en Villarín, na parroquia franquía da Braña. Relacionao col tempo del ano en que sal a pranta ta el nome que me deron en Villalmarzo (El Franco): flor de defuntos. Pr’acabar, y pol asomeñanza y parentexo que ten col famoso condimento, tán as formas flor d’azafrán, que me dixeron nel Monte (Navia), y herba d’azafrán, que sentín en Villar (El Franco).

En galego danse as variantes tollemerendas y tollasmerendas, ademáis de quitamerendas y safrán bravo. En asturiano hai lamar de xeitos de chamarye, anque os máis d’elos nun tían recoyidos nos vocabularios ou diccionarios, pro si nos estudios d’etnobotánica: agripina, cucliellu, cergateña, cirigateña, cigarateña, sagrateña, zargateña, birulete, pimpinete, pimpirete, pimpirulete, pimplonete, flor d’azafrán, rosina del azafrán, azafrán montés…, ademáis de quitameriendas nel asturiano occidental. En casteyano el nome máis común é el d’azafrán silvestre, loco ou fatuo, anque tamén se dan nomes como pierdemeriendas, quitameriendas y espantapastores, ás máis das veces aplicaos a outras especies aparecidas das que xa falamos, como a Merendera montana.

15 opinións sobre “Toyemerendas (Crocus serotinus)

  1. Llamparego

    Eo cuidei sempre que a tollemerendas era a Merendera montana. Con mas ou menos variantes é el nome que se ye da non sólo en gallego-asturiano, si no en toda a península. El binomen latino ve de ei. Esto e lo que dice a Flora Ibérica:
    Merendéra, -ae f. – lat. bot. Merendera, -a f., género de las Liliaceae creado por L.-F.-É. Ramona (1801). En el protólogo se dice: “Le nom de Mérendère est celui que les Espagnols, au rapport de Clusius, donnent à cette plante et à d’autres analogues” –esp. merendera f. = quitameriendas –Merendera montana (Loefl. ex L.) Lange (Colchicum montanum Loefl. ex L.; M. pyrenaica (Pourr.) P. Fourn.; M. bulbocodium Ramond)–. Según J. Corominas & J.A. Pascual, Diccionario crítico-etimológico… (1981), “así llamado seguramente porque esta planta aparece en otoño, cuando el campesino deja de merendar, por oscurecer más temprano y anticiparse la cena” –de lat. merenda, -ae f. = refección +-leve que suele tomarse a media tarde, merienda // comida del mediodía, etc.; ésta, del verbo lat. mereo = ganar, merecer, etc. // merecer, ser merecedor, ser digno de, portarse (bien o mal), etc.

    Gústame

    Resposta
    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      É úa cuestión interesante a que presentas y nun penses que nun ye din voltas. É evidente a relación entre el nome popular toyemerendas y el nome científico Merendera montana. Os dous tein detrás a esplicación de sempre da merenda. Y tamén é verdá qu’ese nome popular y outros relacionaos aplícase en muitos sitos a esa especie. El problema aquí ta en qu’as denominacióis populares son as que son y evidentemente os falantes nun atenden al nome científico.
      Como esplico al final del artículo, danse confusióis entre especies, cousa normal porque a xente nun repara en cóntos estambres ten ou deixa de ter esa floría azulada que ve nel prao y chámaye toyemerendas a todas. Y tamén se dan confusióis nos autores dos vocabularios (eu el primeiro) porque nun avezamos a ser especialistas en botánica. Ás veces danse casos de falsos amigos y as identificacióis fainse fiándose del nome científico y el sou parecido col popular. Eso amaña úa cadía de xeneralizacióis y confusióis que pode dar úa idea falsa, se miras a bibliografía, de se un nome popular ta máis ou menos estendido.
      Tanto en casteyano como en galego recóyense nomes formaos a partir de –meriendas ou –merendas pra chamar ás trés especies que comento nel artículo y que son tan aparecidas: Colchicum autumnale, Crocus serotinus (y outros Crocus) y Merendera montana. Así qu’en todos os sitos cocen fabas… 😉
      Así y todo, Crocus serotinus é muito máis común nas zonas por unde eu perguntéi y os datos qu’ofrezo meus son d’esa especie. A partir d’esa constatación, interpretéi como referidos a esta especie os poucos datos bibliográficos eonaviegos qu’atopéi (dous sin identificación con nome científico, pro con descripcióis, y outro que lo identificaba con Colchicum, xa ves). Tou seguro de que ten qu’haber sitos unde chamen asina á Merendera montana, pro eu nun tía ningún dato claro y definitivo.
      Gracias pola observación. Agradécese. 🙂

      Gústame

      Resposta
  2. conchitaalvarezlebredo

    Mui bonito el nome. Nun lo conocía, peró xa nun m’esqueice. Conozo a flor, peró nun ye conocía el nome.
    Anque nun ten nada que ver cua flor nin cua pranta, xa que esplicas el significao del verbo “toyer” (máis ou menos ‘estropiar’), vénme a cabeza outra acepción con complemento de persona: “toyer” a alguén. Nun sei se la sentiche. Creo que nun tá recoyida nos léxicos da zona y me sirve pr’a mía Salvadeira. “Toyer” a unha persona é picarla, fer qu’esa persona s’enfade con ún. Eu teño recoyidos exemplos aparecido a estos: “Y agora, ¿quén é el guapo que yo vai decir? Naide quer toyerlo”. “¡Ala!, xa lo toyiche, ¿nun che dixen que lo deixaras en paz?”.
    Perdona por salirme del tema. Mui guapas as fotos y mui interesantes as esplicacióis. Gracias.

    Gústame

    Resposta
    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      Non, nun conocía esa acepción. Aplicao a personas namáis conozo el verbo apedrar, nel sentido de ‘reviciar, malcriar’. Prá Salvadeira, xa, antias qu’esfreza. 😉

      Liked by 1 person

      Resposta
  3. Marian

    En Andés (Navia) polo visto nun somos tan poéticos. 😉
    Préstannos muito los nomes que tais dicindo peró nosoutros, que you sepa, chamámosye namás flor d`azafrán; confirmao entós el dato d`El Monte (Anlleo, Navia).
    You teño visto muitas florías destas nel prao de La Balleira, unde se fai la xira de Cuedo.
    Eche verdá que la floría é ben guapa.

    Gústame

    Resposta
    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      Gracias pol dato, Marián. Efectivamente, vén a confirmar ese uso descriptivo prá chamar á flor alomenos na zona naviega.

      Gústame

      Resposta
    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      Pois xa temos un dato da zona de resultaos en -ll-, porque todos os que tía eran da zona de resultaos en -y-. Enanchamos el radio del noso conocemento xeográfico na zona Navia-Eo. Gracias pol dato, Aurora.

      Gústame

      Resposta
  4. Noelia Queipo González

    En Tormaleo, “quitamirindas” (“ir de mirinda” tamén el dicimos), ya pa os meus bolos “tuyasmerendas” (Ancares). Cuntábanme que salen unde hai campa ya se dice que nesta época xa nun se leva a merenda cuando se vai coa facenda porque os días son máis pequenos.

    Gústame

    Resposta
    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      Chámame el atención esa forma mirinda nel sito del esperable merenda, porque sería esperable un è aberto na vocal tónica. Así y todo, xa temos un dato máis d’un nome formao a partir del verbo quitar. Apuntao queda. 😉
      Outra cousa: supoño qu’en Ancares a pronunciación patrimonial será tullasmerendas, ¿ou?

      Gústame

      Resposta
  5. Poutaloba Autor/a do artigo

    Apunto os datos. Neste caso cuañés ten toda a traza de tratárense de términos descriptivos condo esqueicéu xa el nome popular. Eso de cebollía ten que ver con un aspecto que nun comentéi al falar da especie, qu’é a reiz bulbosa que ten a pranta, como se fora úa cebolla pequena.

    Gústame

    Resposta
  6. Miguel de Viladefondo

    En Grandas é papamerendas. Papar é comer, supoño que por extensión de comer papas de maíz, nun lo sei. Lo de toyer, chámame a atención, siempre lo ecuitéi pra zona de Bual ou Eilao. En Grandas decimos derramar, en general, aunque depende de qué seña lo que se derrame, pode cambiar el verbo, por ajempro si é leite, decimos achegar, si é madera, aparolar, etc…
    A min nunca me quitaron a merenda, pro salían cuando taba empezando el colegio e faltaba muito pral vrao, daban algo de señardá

    Gústame

    Resposta
    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      ¡Qué guapa esa variante grandalesa! Condo pensas qu’hai úa forma xeneral, sempre aparece daqué. Neste caso, al nun usáredes el verbo toyer, creóuse a palabra papamerendas con outro verbo que, al cabo, leva a idea de ‘quitar’, ‘acabar con’.

      Gústame

      Resposta

Deixa un comentario