Arto (Rubus spp.)

Recimo d’amoras nun valao de Penanes (Morcín) (8/9/2015).

¿Quén nun foi ás amoras condo era rapacín? Esas frutías que nos brinda el final del brao sempre foron el ayalga buscada nos valaos polas cuadriyas de nenos y nenas. Eu teño el recordo d’ir con úa caxa de cartón de galletas pra ir metendo nela el botín. Despóis, xa na casa, vía el operación de lavalas y pisalas con un tenedor pra fer viño y mezcrar as amoras estrapeladas con ben azucre.

Cuas concentracióis parcelarias y as pistas novas que se fixeron desapareceron muitos suqueiros, noiros y valaos qu’eran el sito al xeito pra que saliran as prantas que dan as amoras: os artos ou silvas (Rubus spp.). A sustitución del epíteto ou nome específico da especie por ese spp. significa que chamamos con esos nomes populares a úas contas especies del xénero Rubus. Efectivamente, hai muitas razas mui aparecidas que pra os que somos profanos na materia tán malas d’estremar: a todas esas prantas con espías que cubren os valaos, que dan amoras y que tein esas foyías aparecidas á foya da lameira (Ulmus minor) chamámoyes artos. A especie máis común d’arto nel occidente é Rubus ulmifolius (nome científico que significa algo asina como ‘arto da foya como a lameira’), pro hai outras que se dan aquí, como R. henriquesii, R. galloecicus ou R. lainzii.

Chaman amora al fruto en Galicia y nel Navia-Eo, anque apuntéi a forma mora en Vivedro (Cuaña) y Santolín (Ibias). En realidá, el nome d’amora recóyese nos vocabularios del occidente asturiano y hasta chega a Cabranes, nel centro-oriente d’Asturias. Se falamos de variantes, é chamadeiro el nome que ye dan na marina máis oriental del Navia-Eo: amores (singular, el amor), que me dixeron en Ortigueira (Cuaña) y que ta recoyido nos vocabularios naviegos de Santa Marina y Vigu, y de Tox, os dous del asturiano fronteirizo col galego-asturiano.

Recimo cuas flores y grumos das que van ser amoras. La Ferraúra (Santuyano, Mieres) (9/6/2012).

El nome d’arto recóyenlo os vocabularios de Mántaras, A Roda, El Franco, Bual, Eilao, Monón y Castaedo, y Ponticella. D’arto salen os sustantivos arteira y artedal, pra chamar al sito unde hai muitas d’estas prantas, y un verbo: enartarse, qu’é condo te prendes nun arto y amañas rabuñóis nel peleyo cuas espías. Con arto pinta que tamos delantre d’úa palabra mui veya, preindoeuropea, anterior á chegada del latín, qu’os etimólogos relacionan col vasco arteQuercus ilex’ y col aragonés arto ‘espín’. Trátase d’un xeito de chamarye á especie propio del asturiano y que piya abondo territorio eonaviego.

En conto á forma silva é úa denominación propia del galego que piya menos d’estensión na nosa zona qu’arto. Evidentemente, é na parte máis occidental unde se diz. Por exemplo, el vocabulario d’Acevedo y Fernández dá a forma silva como propia de Castripol. Neste conceyo, Mari Carmen García, nel sou libro Literatura de tradición oral en Presno, usa a forma silva al referirse á especie. A min nel Valín, tamén en Castripol, cuntáronme qu’elos dicen silva y qu’en Piñeira, un pouco máis al leste, xa dicen arto. Nel mesmo conceyo tamén apuntéi el nome de silva en Lantoira, na parroquia de San Xuan, y El Arco, na de Balmonte, ademáis de silveiro pral sito chen d’artos, en Obanza, nesa mesma parroquia. Se pasamos máis al oeste, el vocabulario da Veiga namáis recoye silva y non arto (silveiro y silveira pral conxunto de prantas). Tamén de silvas fala Alberto Calvín, de Pardiñas (Taramunde), nel sou libro O canto do carro.

Así y todo, a palabra silva convive col sou sinónimo arto en sitos máis al leste, como se comproba nel vocabulario de Mántaras (Tapia), anque aquí non solo se chama silva al arto, senón tamén al arteira: A donicela metéuse naquela silva. El mesmo pasa nel vocabulario de Bual de María Teresa López García, unde define silva como ‘zarzal’. El feito de que na parte oriental del Navia-Eo haxa datos de silveira pra referirse al conxunto d’artos, anque xa nun digan silva pra chamar a pranta, fai pensar qu’este término puido usarse dacondo y que se víu desprazao pola palabra arto. El término silveira non solo se recoye en Mántaras y A Roda, unde einda dicen silva, senón tamén en Bual, y ta constatao ben máis al leste, en Tox (Navia). Tamén en Bual se recoye silveiral, col que pinta que tamén houbo el nome de silveira pra referirse á pranta y non solo al conxunto, como pasa en galego.

Todas estas palabras vein del latín silva ‘monte d’árboles’, que deu pé al actual selva, el que nun deixa de recordarnos un sito tan especial dende el punto de vista histórico y botánico como Os Llagos de Silva, en Salave (Tapia), al pé da fronteira con Mántaras. Os datos mantaregos y bualeses de silva como ‘arteira’ chaman el atención, anque nun é difícil ese paso semántico se reparamos nel xeito de medrar d’esta especie, amañando silveiros ben grandes unde nun s’estreman cada úa das prantas.

As flores dos artos poden ser brancas ou arrosadas. Güeñu (La Ribera) (26/5/2015).

Na zona oriental del Navia-Eo tamén hai outros xeitos de chamar ás arteiras, anque ás veces el sentido da palabra ábrese tamén al de maleza en xeneral. É el caso de balseira, recoyida nos vocabularios de Bual, Eilao y Monón y Castaedo (Ayande). Esta palabra constátase en Cospeito, nel centro-norte de Lugo, anque pra referirse al arto. Col mesmo significao dixéronmo en Mourentán (Ibias). En galego tamén s’usa balsa, pro col significao de ‘arteira’. Se saltamos al outra veira del Navia-Eo, na zona vecía del asturiano, en Tinéu, chaman balsera y balsa al montón d’artos, toxos y maleza.

Danse poucas variantes en galego pra chamar al arto: ademáis da palabra silva, como xa se dixo, creóuse a partir d’ela el derivao silveira, non solo pral conxunto d’artos senón pral nome da pranta. En asturiano, aparte d’artu, qu’é a máis xeneral, dáse a forma escayu, palabra que sobre todo úsase pra chamar as espías da pranta. En casteyano, a forma máis común é a de zarza ou zarzamora.

Xa nun ten gracia despóis de saber de qué tamos falando, pro aquí vai úa adivianza que recoyen con variantes pequenas tanto el libro de Mari Carmen García xa dito como el de Marcelino Lozano (Castaedo y Monón en poucas palabras): ¿qué cousa cousilía é qu’é tan largo como úa soga y ten os dentes como úa loba?

17 opinións sobre “Arto (Rubus spp.)

    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      Gracias, Emma, por esos datos. como xa teño dito ben veces, anque coincidan col que xa sabemos, sempre ta ben aumentar el conocemento da xeografía esacta de cada variante.

      Gústame

      Resposta
    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      Muitas gracias polas vosas aportacióis, que xa tán pasadas a Fitonimia del Navia-Eo. Hai qu’agradecervos a vosoutros y vosoutras, y á vosa profesora, el labor que fixestes, qu’é mui necesario fer antias de que se perdan esos datos na memoria da xente. Y dende os institutos pode ferse un gran trabayo. Xa podían animarse outros centros da zona… Espero que nun pérdades el interés polos nomes das prantas y que sígades mandando el que sépades das especies que váyamos publicando. 🙂

      Gústame

      Resposta
  1. Marian

    En Andés (Navia) é arto, ya chámanse amoras a las frutías, peró you tou en que el meu bolo, tamén d´Andés, falaba úas veces de “las amoras” ya outras de “los amores”, indistintamente. Peró, nun m´acordo ben, la verdá, aunque ta claro que sonar suéname abondo, ya é significativo que se recoyera lo de “amor/amores” en sitos vecíos (Cuaña ya Veiga).
    Teño io ben veces de piquinía a pañar amoras polas veiras de los camíos, caleyas, praos ou montes. Iba col meu bolo ou colos nenos d´alredor, prestábanos ben. Llevábamos un tareco ou úas bolsías. Inda é hoy el día que vou cola bolsía tanguendo de arto en arto, aunque agora namás paño nos artedales más retiraos, procurando nun coyer de los artos de los camíos por unde pasa xente llevantando polvo asgaya colos coches, tractores, etc.
    You lo que nunca fixen son mezcolanzas estrapayándolas con cuyaradas de azucre, nin vin felo, la verdá. En casa comémoslas ben llavadas cúa pouquinía d´augua fresca, despacín, úa por úa. Como tampouco me gusta muito el azucre nun vos teño envidia a los que fedes esas cousías. 😉
    Bon ano a todos, que trabayen contentas las abeyías, ya qu´el brao traiga búas amoras al Navia-Eo ya a todos sitos. 🙂

    Liked by 1 person

    Resposta
    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      Se lo dicía tou bolo, el dato vei a misa. 😉
      Aproveto, ademáis de pra meter el dato d’Andés, pra perguntarche por dúas palabras qu’usache. Úa é tareco, que conocía namáis en plural, col sentido de ‘trastes, ferramentas, útiles miudos necesarios pra un labor’. ¿Úsase en Navia en singular y con qué significao?
      El outra é tanguer. Eu conózolo de Mántaras como atanguer ‘alcanzar, chegar cua mao’. ¿Úsaslo nese sentido? ¿Ou é nel de ‘colgar, quedar aporondao’ que sentín en Vivedro (Cuaña): Quedóu allí tanguendo?
      Por certo, pra palabras ou acepcióis que nun tían publicadas, podes mandaryas a Conchita al sou blog A Salvadeira, qu’esto é labor de todos y todas.

      Liked by 1 person

      Resposta
      1. Marian

        Sí, en Andés úsase tareco en singular, cu´ese mismo significao que dices, pa útiles miudos de la cocía, ou pa outros que s´usen noutras cousas en sitos como los cabanóis unde tan las ferramentas ou ferraganchos. Un exemplo: el tareco´l gato, unde se ye bota el lleite ou el augua. Despós, podera ser tamén que un tareco acabe sendo un caxirolo. 😉
        Sobre lo de tanguer, é pa nosoutros en Andés lo que dices de Cuaña, lo de tar colgando movéndose un pouquinín d´un llao pa outro. You nun entendo de lletras, dirasme que tou toya pero tanguer paréceme que ten algo que ver con atanigar, aunque nun será. 😉 Vamos dicir que uséi lo de tanguer pa falar de la bolsía, por aquello de que la teis coyida cúa mao mentres vas andando de arto en arto enchendo nella amoras col outra mao ya mentres la bolsía vei movéndose según fais maniobras.
        Gracias por fer referencia al blog A Salvadeira, hei mirar qué cousas se me van ocurrindo pa meter ei, aunque teño el problema de la ignorancia, de que nun conozo los llibros esos a los que se fai referencia no blog, colo que podo mandar palabras que xa tean. Hedes a ter pacencia comigo si eso. 😉

        Liked by 1 person

  2. Andrea González González

    Bon ano pra todos.
    En Vilarín decimos casi sempre artos, anque tamén, as veces, decimos silva y condo hai muitos falamos de silveira. De nena tamén iba buscar amoras pra fer viño, agora, as veces, piyolas pra facer mermelada, e úa das meyores qu’hai, mezclada con mazás tamén queda mui ben. Estos pequenos frutos mouros teín muitan propiedades pra salú.
    Nun sei unde ouguín qu’el arto é a planta europea que máis medra y a na súa flor trabayan muito as abeyas, así qu’anque a xente los roce y los sulfate ¡valen pra ben cousas os artos!. Sempre recordo con cariño a meu pradre que nunca deixaba sulfatar as silveiras, pol ben das abeyías que tanto nos axudan.

    Liked by 1 person

    Resposta
  3. conchitaalvarezlebredo

    Eu sigo indo cuas mias fiyas ás amoras todos os anos, bueno… ás poucas que quedas por os contornos de Tapia. Lougo comémoslas con ou sin azucre, y con ou sin yogur. ¡Mmmmm! Préstame ese dato dos sitos unde yes chaman “amor/amores”. ¡Nun m’estraña! ; )
    Eso me fixo renembrar el segundo apellido de Álvaro Cunqueiro, qu’aparece en todas partes como “Mora”, peró realmente era Mor el apelido dos sous ascendentes hasta que nalgún momento se convertíu en “Mora”.
    Como curiosidá direiche (seguro que xa l’ouguiche muitas veces) qu’en Galicia dicimos muito a espresión “abogado da silveira” pra referirnos a unha persona que se fai el entendido en leyes y que nun fai máis que liarlo todo.
    Feliz ano al amo da páxina y a os seguidores!!!!

    Liked by 1 person

    Resposta
    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      Gracias, nía. Igualmente. Nun sabía eso d’abogado da silveira. Si conocía a espresión equivalente del asturiano: abogáu de caleya.

      Gústame

      Resposta
  4. Moncho

    Nas Figueiras eu sempre fun por moras (aunque levaba un bote de Cola-cao pra coyerlas) y sempre entre os artos (aunque condo fun faer el bachillerato A Veiga os meus compañeiros nun sabían lo que era un arto y chamabanye silvas…).

    Gústame

    Resposta
    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      El tema del recipiente é porque tu es máis novo ;-). Incluyo el dato figueirolo na lista de fitonimia. É interesante el que comentas porque vén reforzar a idea de qu’hai úa zona occidental unde nun s’usa arto y outra oriental unde s’usa arto pro hai tamén el dato da silva, ben como sinónimo ou ben con derivaos del tipo silveira.

      Gústame

      Resposta
  5. Luisa Méndez Fdez

    Cuas moras, ben pisadías con un tenedor y dúas cucharadas de azúcar, y a disfrutar de un vino único.
    Feiz Navidad y salud pra todos nel año entrante.
    Saludos afectuosos.

    Gústame

    Resposta

Deixa unha resposta a conchitaalvarezlebredo Cancelar a resposta