Chantaxe (Plantago major)

Chantaxe nas regrechas d’un camín empedrao en Sontolaya (Morcín) (8/9/2015).

Nas boqueiras dos eiros, al pé das rodeiras dos camíos, en todos os sitos húmedos mui pisaos… é bon de ver el chantaxe (Plantago major) ou a chantaxe, que cos dous xéneros ye chaman. En Mántaras, unde recoyín a forma en masculino, cuntáronme qu’as foyas calentábanse y usábanse pra curar mancaduras. A pranta ten úas foyas anchas y arredondiadas con us nervios todo al largo d’elas mui característicos que fain que ye chamen dayundes la planta las siete costuras ou a pranta das sete costrelas. Tamén son chamadeiras as inflorescencias en forma d’espiga.

Dentro del xénero Plantago hai outra especie aparecida prá que nun sería raro que se ye dese el mesmo nome popular, el Plantago media, qu’as foyas salen máis rapeñas y son máis ben elípticas y col rabo máis curtio qu’as del Plantago major. Menos aparecida y búa d’estremar é outra especie da que xa falaremos, Plantago lanceolata, cua qu’ás veces cruza os nomes populares.

A forma chantaxe ta recoyida tamén nos vocabularios da Roda y del Franco. El vocabulario d’Acevedo y Fernández fala d’úa variante xantaxe como propia del Franco y, efectivamente, asina lo apuntéi eu en Godella y Villalmarzo. Neste caso a palatal xorda cambióu el xeito d’articulación d’africada a fricativa, quizabes por asimilación con ese acabo en –axe, anque tampouco nun é raro ougüir casos de confusión entre ch– y x- en galego-asturiano (changada, xangada; chirigonza, xirigonza…).

En conto a outros datos inéditos, en San Xuyán (El Franco) y O Chao (San Tiso d’Abres) teño anotao a chantaxe, en feminino, mentres qu’en Salave (Tapia), Villarín, Villar, Llobredo (El Franco) y Busdemouros (Vilanova d’Ozcos) recoyínlo en masculino, el chantaxe. Estas vacilacióis son normales porque nel galego-asturiano encóntranse os masculinos en –axe del asturlionés cos femininos propios del galegoportugués. Por eso pódese sentir a sufraxe ou el sufraxe, a friaxe ou el friaxe, etc.

Outra forma que teño apuntada déronma en Santolín (Ibias): fullancón. ¿Será un despectivo de folla, polas foyúas que ten a pranta en comparanza con outras herbas aparecidas como Plantago lanceolata?

Dúas chanteiras ben brizas de chantaxe nun camín dos Llagos de Silva, en Salave (Tapia) (11/7/2015).

En galego, ademáis da forma chantaxe, hai outras variantes como tantaxe, chantaxa, chantasia, chantá ou chantán. Tamén el portugués ten resultaos populares d’esa mena, con denominacióis como tanchagem ou tanchá que vein d’úa metátesis d’outras formas primeiras chantagem ou chantá.

En asturiano, ademáis de llantén ou llantel, úsanse nomes como herba carril ou fueya del carril, ben sei que pol que se falóu al empezo de qu’é úa herba qu’aveza a salir en sitos pisaos y rodaos. Outra denominación é a de planta’l grillu, qu’é pranta que gusta a esos insectos. Como se dixo, ás veces mézcranse os nomes d’esta especie cos del Plantago lanceolata, y por eso se recoyen formas como llanxuela ou llanzuela.

A palabra chantaxe vén del nome plantágine que se ye daba en latín a esta y outras especies del xénero Plantago. Pinta qu’a denominación latina vía del asomeñanza das foyas, por esos nervios tan característicos, cua pranta del pé. Ese grupo pl– deu en galego-asturiano ch– (como chover < plovere ou chao < planu). É úa evolución propia de todo el galegoportugués que comparte tamén col asturiano occidental. Pódese comparar col resultao en catalán, que mantén el grupo inicial pl-, pro qu’evoluciona na desinencia d’un xeito asomeñao al noso: plantatge (ese –tg– pronuncíase aparecido a –ch-). En casteyano y asturiano a evolución foi por outra vía, tanto nel grupo inicial, que deu ll-, como na desinencia: llantén.

14 opinións sobre “Chantaxe (Plantago major)

    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      É interesante este nome, que xa sentín, anque aplicao a outra especie aparecida da qu’einda nun falamos, Plantago lanceolata, que ten as foyás máis estretas y allargadas y qu’erguen pra riba (é úa especie típica dos praos). En muitos sitos chámaye llanzoleta. ¿Tas seguro da identificación?

      Gústame

      Resposta
      1. Marcelino

        En la foto de arriba yo creo que es llingua de oveya. y en la de abajo yo distingo dos plantas distintas.

        Gústame

  1. Luisa Méndez Fdez

    Nun sabía que estas plantas foran medicinales, Xosé, y claro que las conozo. Préstanme muito as florías que nos mostras de vez en cuando, nun sei si con el tempo pensas fer un llibro, quedaría ben prestoso. Saludos.

    Gústame

    Resposta
    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      Si, ese casteyanismo ta mui estendido y ás veces costa caro atopar a forma lingüísticamente autóctona, qu’en ben sitos esqueicéuse. Gracias pol dato, Aurora.

      Gústame

      Resposta
  2. conchitaalvarezlebredo

    Ayer posóuse un paxarín mui prestoso nel meu tendal y nun ye supen dar nome. Acordénme de ti y pensén que condo acabes coas florías, podías empezar cos paxaríos (ja, ja…), que me fai muita falta “culturizarme” nese aspecto.
    En fin, perdona por este comentario fora del tema del “chantaxe”. Espero que sigas comentando inda muitas herbas y flores da nosa zona. ¡Felicidades pola páxina! Y vai pensando nos páxaros ; )

    Gústame

    Resposta
    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      Nun penses que nun lo consideréi, que teño us contos datos inéditos, pro pra os páxaros necesitaba us medios y un archivo fotográfico que nun teño. De momento, inda me queda corda pra un tempo cuas prantas. 😉

      Liked by 1 person

      Resposta
      1. Marian

        Sí, sí, condo che vaya quedando pouca corda hay que puese colos paxaríos, anque you diría que a algús nun nos vía mal puenos xa colos árboles ya los animalíos tamén, que llougo se nos han a esqueicer los nomes: xilgueiros, sapagueiras, llargatos, donicellas, culobras, bérbenes, farrios, xulias, gazapos, cuzas, …
        Nota: feye fotos a los páxaros fai fumo, nun tenen parao. A nun ser que tean en Internet, claro. 😉

        Gústame

  3. conchitaalvarezlebredo

    Nun tou segura de todo, porque xa sabes qu’en galego estándar é femenino y eu ás veces fágome algo de lío cuas dúas cousas, peró tou por xurar que lo que sentín en Tapia foi “el chantaxe”, en masculino. Probablemente a mayoría das veces que lo ouguín foi en contextos sin artículo, como “Botábamos chantaxe na corrada” ou “Has a poñer chantaxe ei pra que che sane” ou cousas d’ese estilo. De todas formas a mía idea da palabra é en masculino, anque nun teño anotacióis pra confirmalo.

    Gústame

    Resposta

Deixa unha resposta a conchitaalvarezlebredo Cancelar a resposta