Tarrelo (Taraxacum officinale)

Flor de tarrelo en Sontolaya (Morcín) (28/11/2014).

Se hai úa pranta búa de reconocer esa é el tarrelo (Taraxacum officinale). As súas flores marelas pódense ver dende antias da primavera y pol brao, pro tamén volven salir nel outono. É chamadeira a mota ou papus que bota despóis a flor y que tanto temos soprao de nenos. É el xeito que ten a pranta d’estender a semente. As foyas da chanteira nacen arrentes del tarrén y son largas y repinicadas. Tamén é propio del tarrelo qu’el rabo da flor ten dentro un líquido como leite.

Hai pouca sinonimia en galego-asturiano nel caso del nome popular d’esta especie, máis aló da palatalización del -l- nos conceyos del metá nororiental del Navia-Eo, unde dicen tarrello. As dúas formas recoyen Acevedo y Fernández nel sou vocabulario, ademáis de recordar cómo a xente cortaba a pranta cua foucía pra dar a burros y cochos. Tamén tán recoyidas as dúas variantes en Eilao, conceyo partido entre ele y elle (por exemplo, na parte máis oriental dicen Eillao ou Aillao). Nos vocabularios da Veiga y Mántaras vén tarrelo, y tarrello nos de Ponticella (Villayón), A Roda (Tapia) y Castaedo y Monón (Ayande). Hai úa segunda forma de chamarye á pranta: Xoán Babarro recoye en Abres (A Veiga) leituga tarrela. El vocabulario da Veiga tamén brinda como sinónimo de tarrelo a palabra leituga, y esplica que tarrelo, -a úsase como adxetivo pra chamar a úa persona d’estatura mui baxa.

Entre os datos qu’eu fun recoyendo nestos anos tán tarrelo en Zreixido (A Veiga), El Valín y Brañatruiye (Castripol), Sanzo (Pezós), y Bustapena, Busdemouros y Salcedo (Vilanova d’Ozcos); y tarrello en San Xuyán, Arancedo, Villar y Llobredo (El Franco), y en Anlleo y Villouril (Navia), anque cua pronunciación yeísta d’este conceyo: tarreyo. En Centiales, na parroquia de Cecos (Ibias), apuntéi a forma carrelo.

Chanteira de tarelo entre el herba. Sontolaya (Morcín) (28/11/2014).

En galego tamén chaman carrelo á pranta na Fonsagrada y en Suarna, ben cerquía d’Ibias. Outras formas en galego son leitaruga, leituga (as dúas relacionadas col leite que ten el rabo da flor), mexacán y mexanacama, ademáis de tarrelo ou tarrela. A cousa complícase porque tarrelo non sempre se corresponde en Galicia col Taraxacum officinale, senón qu’hai sitos unde s’usa pra chamar outra especie distinta (Konopodium denudatum), que ten úa reiz del xeito d’úa bola. Así y todo, se miramos os datos publicaos y reparamos na súa procedencia xeográfica, vese qu’os sitos unde se chama tarrelo ou tarrela al Taraxacum officinale son da parte máis oriental de Lugo, el que concuaya cos datos lugueses de carrelo.

Os datos del asturiano fálannos del tarriellu (ou tarriel.lu, cua pronunciación típica del asturiano occidental) y d’outras denominacióis como cardeña, cardencha, cardu suave (relacionadas todas cua palabra cardo) y llechar, llechón, llecharina (relacionadas con leite). El caso é que botando un oyo á repartición xeográfica de tarriellu pódese ver qu’é úa forma propia del asturiano occidental, de Pravia pral occidente.

El resume é que tarrelo, cuas variantes fonéticas xa ditas, piya úa zona compacta qu’incluye el occidente asturiano y a franxa oriental de Lugo. Einda máis: el adxetivo tarrelo, -a que recoye el vocabulario da Veiga tamén se recoye, y con ese significao, en Láncara, na parte de Sarria, al oriente de Lugo.

Mota ou papus d'un tarrelo. Cada ún d'esos pelos axuda a qu'el vento leve a semente da pranta. Sontolaya, Morcín (22/11/2014)

Mota ou papus d’un tarrelo. Cada ún d’esos pelos axuda a qu’el vento leve a semente da pranta. Sontolaya (Morcín) (22/11/2014).

¿Qué foi primeiro, el nome da pranta que medra arrentes ou el adxetivo pra chamar á xente mui baxa? Ta malo de saber. A esplicación máis intuitiva pra esta palabra falaríanos d’un derivao de terra (igual que lo é tarrén), que nos daría a entender daqué que nace al pé del tarrén, sin rabo, como é el caso da chanteira d’esta pranta. Outros estudiosos, como Pensado, aventuran un diminutivo de tarro, por comparanza col fruto da pranta. García Arias propón un grecismo en latín, pteris ‘tipo de folgueira’, amecido al sufixo diminutivo –ellum (*pteridellum), anque tampouco nun esqueice a influencia que puido ter na evolución a palabra terra.

En casteyano as denominacióis máis estendidas son diente de león, amargón, amarguera, meacamas y achicoria amarga. Y é qu’a reiz seca da pranta ten sido usada como sustituto da chicoria, hai quen fai ensalada cuas foyas (que, según dicen, son ben amargas) y as propiedades diuréticas da especie son conocidas dende antigo. El feito de que fora un herba melecieira témolo nel sou nome específico, officinale, que Linneo, el inventor del sistema binomial pra chamar ás especies, discurríu pral caso de que s’usaran na cocía ou nas melecías.

Advertisements

5 thoughts on “Tarrelo (Taraxacum officinale)

  1. albiua

    En Andés (Navia), chamámosye tamén tarrello.
    Nun reparara you no de que la flor amarella que tanto se ve nos nosos praos é lo mismo que la bola branca de pelíos que a pouco ya a pouco vei llevando el vento.
    Ya, agora que lo lín, e verdá que de piquinía enzanfoinéi los didos úas cuantas veces col líquido amarello ou branco d’algúa herba ou pranta: acórdome del lleite del rabo de los figos, pero nun dou colas outras prantas, anque úa ben podera ser el tarrello este.

    Gústame

    Resposta
    1. Belén Rico Prieto

      Na Veiga,os más veyos fain diferencia entre tarrelo e leituga. El tarrelo,alimento que se recoyía polas veiras dos camíos con unha cestía e un cuitelo gastao,taba apegao al tarrén; a leituga é más erguida as foyas más brizas e bota ese leite,el tarrelo non. Pode que señan as dúas da especie “diente de león” peró son ben distintas. Cómo agradecíamos atopar unja buena leituga y el seu olor,pensábamos qu’a cesta iba ben surrtida y os conexos iban encherse ben.

      Gústame

      Resposta
      1. Poutaloba Autor/a do artigo

        É interesante esa diferenciación. Igual as dúas palabras designaban a especies distintas y despóis especializáronse pra chamar a dúas etapas na medría da mesma especie. Ou eran sin máis sinónimos y repartíronse pra esas dúas etapas. Quén lo sabe. Así y todo, pra fer hipótesis axuda muito ter úa búa rede de datos por todo el territorio como este que nos apurres. Muitas gracias pola información y espero máis noticias veigueñas sobre outras especies. 😉

        Gústame

Deixa un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s